Podedes pasar a recoller os vales de material escolar na Secretaría do Centro (en horario de 9:00 a 14:00).
En caso de que o recolla un menor de idade, precisamos que traian asinado o documento adxunto.
Axudas municipais de libros e material escolar para alumnos/as de centros docentes públicos de educación secundaria do Concello de Vigo.
Visita a páxina web do Concello de Vigo para facer a solicitude e consultar a documentación requirida!
O prazo remata o 12/09/2024.
Convocatoria do programa de "Axudas municipais a familias con fillos e fillas en ensino obrigatorio".
Prazo de presentación de solicitudes: do 25 de novembro de 2023 ao 24 de xaneiro de 2024.
Enlace para tramitar a solicitude ( a través de internet ou de xeito presencial).
Do 27 de marzo ata o 17 de maio está aberto o prazo para solicitar as becas para cursar as ensinanzas postobrigatorias (Universidade, Bacharelato, Formación Profesional e FP Básica) no 2023/24. É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde. Despois dese prazo xa non se poderá pedir a beca. A beca solicítase online.
- Consulta aquí a información para estudos NON UNIVERSITARIOS (Bacharelato e FP).
- Consulta aquí a información para ESTUDOS UNIVERSITARIOS.
- Clica aquí para consultar información xeral.
- Clica aquí para acceder ao trámite.
O primeiro paso é crear unha conta de usuario (podes acceder clicando aquí). Debe facelo o propio alumno ou alumna. Unha vez cubertos os datos chegarache un correo de confirmación que debes validar.
Unha vez creada a conta accede e crea a solicitude. Débese ter a man toda a documentación precisa, especialmente os DNIs dos membros da unidade familiar posto que para a sinatura da solicitude pedirannos a información que conteñen. O alumno ou alumna deberá ser titular da conta bancaria na que se solicita que ingresen a beca.
Débese comprobar que a solicitude está correctamente presentada. En SETEMBRO, notificarán se o alumno reúne ou non os requisitos económicos, PODERASE MODIFICAR A CONTA CORRENTE, O DOMICILIO NO QUE VAI A RESIDIR O ALUMNO E OS ESTUDOS QUE FINALMENTE VAI A REALIZAR.
O alumnado de 3ºESO poderá solicitar a participación no Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa "Vigo en Inglés 2023". Prazo para realizar a solicitude: Luns 6 a venres 17 de marzo.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 643 prazas para o alumnado de bacharelato que desexe realizar actividades de formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal no verán deste ano 2023. O prazo para solicitar estas axudas remata o 13 de marzo.
Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/axudasle
Ata o 20 de setembro de 2023 pódense solicitar as becas dirixidas a alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. A solicitude faise online.
Clica aquí para acceder a toda a información.
Ata o 30 de setembro pódense solicitar as axudas do Ministerio de Educación para cursar, entre outros, o bacharelato. A solicitude faise online.