Do 27 de marzo ata o 17 de maio está aberto o prazo para solicitar as becas para cursar as ensinanzas postobrigatorias (Universidade, Bacharelato, Formación Profesional e FP Básica) no 2023/24. É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde. Despois dese prazo xa non se poderá pedir a beca. A beca solicítase online.
- Consulta aquí a información para estudos NON UNIVERSITARIOS (Bacharelato e FP).
- Consulta aquí a información para ESTUDOS UNIVERSITARIOS.
- Clica aquí para consultar información xeral.
- Clica aquí para acceder ao trámite.
O primeiro paso é crear unha conta de usuario (podes acceder clicando aquí). Debe facelo o propio alumno ou alumna. Unha vez cubertos os datos chegarache un correo de confirmación que debes validar.
Unha vez creada a conta accede e crea a solicitude. Débese ter a man toda a documentación precisa, especialmente os DNIs dos membros da unidade familiar posto que para a sinatura da solicitude pedirannos a información que conteñen. O alumno ou alumna deberá ser titular da conta bancaria na que se solicita que ingresen a beca.
Débese comprobar que a solicitude está correctamente presentada. En SETEMBRO, notificarán se o alumno reúne ou non os requisitos económicos, PODERASE MODIFICAR A CONTA CORRENTE, O DOMICILIO NO QUE VAI A RESIDIR O ALUMNO E OS ESTUDOS QUE FINALMENTE VAI A REALIZAR.