Club de Lectura. Suxestións 1º trimestre

  Un ano máis comezamos as actividades do noso club de lectura "A pé de obra". As obras suxeridas para este primeiro trimestre son as seguintes:

 

Semana contra a violencia de xénero

     O equipo de igualdade realizou unha instalación na entrada ao centro en contra da violencia de xénero. Para a súa realización colaborou todo o alumnado facendo bolboretas de papiroflexia. Os debuxos foron feitos polas aulas de Plástica de 4ºESO e Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bacharelato. Asemade, colocáronse globos negros cos nomes das 42 mulleres mortas ese ano por violencias machistas.

Álbum: Curso 2020/2021 -> 25N

Actuación de Su Garrido Pombo

     Co gallo da semana contra a violencia de xénero (23-27 de novembro), visitounos a cantante Su Garrido Pombo. Estivo toda a mañá do luns 23 connosco, primeiro charlando con alumnado de cuarto da ESO e despois nun espectacular concerto no patio cuberto.

     Su, non só é do Calvario, senón que tamén foi alumna do noso Centro. Dado que ten actuado en moitos sitios de Europa, cantando en galego, non podemos máis que sentirnos orgullosas/os de que pasara esta mañá con nós.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Actuación Su Garrido Pombo

Visita virtual á exposición "De Nós a nós"

     O departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Castelao organizou unha visita virtual á exposición "De Nós a nós"  (clica aquí para acceder á información) o venres 6 de novembro ao que asistiu alumnado de 2º de bacharelato A e B.
     A visita virtual resultou moi operativa para celebrar o centenario da aparición da revista Nós e o que supuxo para a cultura galega o grupo Nós e, nomeadamente, figuras como Castelao, Risco ou Otero Pedrayo.

Convocatoria Club de Lectura do centro

Club de Lectura “A pé de obra”

 

A Biblioteca e o Club de Lectura “A pé de obra” do IES Castelao convidan o alumnado do centro a participar nalgún dos grupos de lectura que se van desenvolver este curso. Continuaremos cos grupos de banda deseñada / manga, a novela  histórica e a fantástica, Formaremos novos grupos que propoñan os asistentes.

 Reunirémonos nos recreos para ler e intercambiar impresións sobre as lecturas realizadas.

Todos aqueles que o desexen poderán apuntarse na Biblioteca a partir do  10 de novembro.

 

 Anímate!!

19 de outubro: Día das Escritoras

     O Día das Escritoras instaurouse en 2016, por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Asociación Clásicas e Modernas e mais a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias.

Centenario de Miguel Delibes

     O sábado 17 de outubro celebramos 100 anos do nacemento deste excepcional narrador que ten creado tantos personaxes inesquecibles: Daniel el Mochuelo, o "príncipe destronado", o Nini, Zacarías o dos santos inocentes, Mario... Unha carreira inzada de obras mestras desde o comezo no ano 1948 co premio Nadal por La sombra del ciprés es alargada ata a derradeira, a súa única e maxistral incursión na novela histórica, El hereje, de 1998.

     Non queremos deixar de recordar a este mestre das letras españolas e convidamos a visitar a súa fundación así como a ler este fermoso relato:


LA GRAJILLA
(cuento)


Miguel Delibes
(Valladolid, 1920-2020)

     Al llamar a la grajilla, al cuco y al cárabo pájaros de cuenta no quiero decir que sean malos. No hay pájaros buenos ni malos. Las aves actúan por instinto, obedecen a las leyes naturales, aunque, a los ojos de los hombres, algunas de sus acciones puedan parecer buenas y otras reprobables. Por ejemplo, el comportamiento de los tres protagonistas de este libro ofrece aspectos positivos y negativos. La grajilla, pongo por caso, roba la fruta de los árboles, especialmente de ciruelos y cerezos, pero, al mismo tiempo, nos libra de insectos perjudiciales y de carroña. El cuco, en la época de cría, deposita sus huevos en los nidos de otros pájaros más pequeños que él para que se los empollen, pero, en compensación, destruye orugas y arañas peligrosas para el hombre. Finalmente, el cárabo puede eliminar algún pinzón que otro, o cualquier otro pajarito que le molesta o le apetece, pero, a cambio, limpia el campo de ratas, ratones, topillos y otros roedores perjudiciales.

Día da Tradución 2020

   Hoxe, 30 de setembro, conmemórase o Día da Tradución. A nosa Biblioteca Ramiro Fonte convídate a participar nun xogo; clica na seguinte imaxe para consultar as bases:

Concurso

Distribuir contido