A fantasía é unha percepción falsa da realidade. Todo ser humano soñou algunha vez con voar, con ser rico ou famoso, ou incluso con conquistar a ese amor platónico; todo iso pertence á fantasía, posto que soamente é posible na nosa imaxinación.
Todo ten comezo na nenez, dende pequenos ensínannos, a través dos contos, que todo é posible se o desexamos, polo que nos aferramos a esa idea e incluso na madurez seguen estando na nosa cabeza as fantasías. Ninguén está dicindo que unha fantasía non pode chegar a facerse realidade (cousa que normalmente non sucede) senón que o súa orixe é a imaxinación e que para chegar a facela realidade, debe transportarse á vida real e iso poucas veces é posible, como no caso de poder voar.
Ter presente a fantasía no noso día a día fai que o ser humano non perda as ansias de avanzar para poder alcanzalas, como por exemplo coa construción de avións estamos máis preto de poder satisfacer a nosa ansia de rozar o ceo.
Persoalmente, eu adoro estar constantemente imaxinando cousas, encontrarme no medio dunha lectura dun libro de ciencia ficción e imaxinar ese trebello surrealista que o protagonista utiliza, iso faime pensar que non serei a única en facelo, pero si que o trebello que eu imaxine non será igual ao que imaxina outra persoa, posto que a mente de cada individuo funciona de diferente xeito, co cal podemos chegar a desenvolver grandes cousas pondo as nosas ideas en común.
Clara Álvarez Peña, 2º Bac.-A (adultos)