A homosexualidade é unha orientación sexual como todo o mundo sabe, cara a alguén do mesmo sexo. Este tema está moi presente na sociedade de hoxe en día xa que cada vez hai máis persoas que apoian aos chamados gays e lesbianas, e as mentes destas son moito máis liberais ca outras de distintas xeracións. Aínda que a homosexualidade existe dende hai séculos, fíxose “aceptada” e “ben vista” hai relativamente pouco. Antes a maioría das persoas intentaban facerse pasar polo que non eran (por medo sobre todo, xa que nalgúns países incluso os podían chegar a matar), moitos casaban para así ter unha tapadeira e parecer heterosexuais, outros mantiñan relacións ás agachadas, etc. Agora o panorama non ten nada que ver, pero segue habendo algúns homosexuais que por vergoña, polas críticas ou incluso por temor a aceptación dos seus pais non se atreven a “saír do armario”.
É triste pensar que en pleno século XXI aínda exista xente que pensa que estas persoas teñen unha enfermidade (algúns pensan que incluso contaxiosa) e que as relacións de home máis home e de muller máis muller sexan antinaturais ben porque a igrexa e a Biblia non nos ensinou iso ou por calquera outros motivos. Hai moitos gays e lesbianas que sofren bullying e chegan a pasalo verdadeiramente mal, sobre todo psicoloxicamente; as persoas non teñen idea do dano que lles poden causar ás veces por unha simple cara de asco ou unha palabra malsoante.
Avanzamos moito con respecto ao pasado pero aínda nos queda moito por avanzar. Agora por exemplo xa se permite o matrimonio homosexual civil e a adopción de nenos (só en certos países), pero na miña opinión se lles debería de tratar ao cen por cen como persoas normais (porque o son) sen ningún tipo de repugnancia e aceptando a súa inclinación sexual.
Raquel Núñez Mariño 4º ESO C