A violencia de xénero é unha situación que se dá actualmente no mundo e que está a representar un grave problema social, sendo a familia un dos focos de violencia máis destacado na actualidade en todas as clases sociais e en todos os niveis socioeducativos.
Para poder entrar a valorar este tema cómpre definir a violencia de xénero, esta consiste nun conxunto de accións abusivas contra a muller (aínda que tamén hai casos de violencia de xénero no que a vítima é un home) polo feito de selo. Estas accións son realizadas na maioría dos casos por un home co que a vítima mantén unha relación de afecto ou co que garda unha relación de parentesco.
Debido ao papel de submisión que representa a muller este problema existiu sempre, sendo nestes intres cando máis se está intentando reducir, ao tomar a sociedade consciencia da gravidade destes feitos.
A pesar de que é unha situación que mellorou nos últimos anos, aínda podemos atoparnos diferenzas de sexos. Ningunha muller debería ser tratada de forma diferente polo simple feito de selo e menos ser física e psicoloxicamente agredida. A muller ten dereito a ser tratada cos mesmos dereitos e ter as mesmas oportunidades que o home, non significa que ser home ou muller sexa equivalente a ser maltratador ou maltratada. Sempre hai que pensar que detrás dunha violencia física existe outra psicolóxica, xa que antes de recibir un golpe sempre existe un desprezo ou un insulto.
A violencia en xeral e máis en particular a de xénero pasou de ser un asunto privado a converterse nun asunto público sobre o que calquera persoa pode opinar. Trátase dun problema que a sociedade debe coñecer xa que é unha forma de que a persoa que o recibe poda chegar a condicionar a súa actitude cara a esta. Debemos reflexionar sobre a violencia de xénero nos medios de comunicación, recoñecemos que se avanzou moito neste tema pero hai que seguir loitando para que as futuras xeracións poidan vivir sen ter que presenciar os malos tratos.
Álvaro Vila Varela - 2º Bacharelato A Adultos
Hoxe en día por desgraza hai un aumento das mortes a causa da violencia de xénero. Eu o que non entenderei nunca é como alguén pode acabar coa nai dos seus fillos e incluso acabar con estes. Pero non todos os casos ocorren con xente de mediana idade, os adolescentes tanto homes como mulleres sofren, nalgúns casos, un exceso de control por parte das súas parellas. Coas novas tecnoloxías, a xente controladora ten case o control absoluto da parella; moitos simplemente por que un mozo ou unha moza lle poña un comentario nunha foto que a súa parella publique, xa atopa un motivo para rifar tanto co do comentario como coa súa parella. A xente está obsesionada por saber que fai a súa parella a cada segundo, e o que tiña que facer a persoa que o aguanta é deixalo, darse conta de que así non se vai a ningures. Cada persoa que nota un mal comportamento, sobre todo nos casos de empuxóns ou calquera tipo de agresión, debería cortar a relación e se é un caso grave, o primeiro que hai que facer é denunciar sen ningún medo. Pero non todo son as agresións físicas, tamén hai agresións psicolóxicas xa que moitos, verbalmente, acaban conseguindo que a súa parella se sinta mal consigo mesma. Por iso na miña opinión moitos casos non son denunciados, porque teñen medo ao que diga a xente e moitos chegan a pensar que quizás a culpa de que a súa parella sexa así é súa.
Na actualidade a violencia céntrase no xénero masculino, pero non hai que esquecer que tamén hai casos de mulleres que lle fan mal aos homes, aínda que sexan menos casos.
Paula González Pérez - 2º Bacharelato B adultos