O mércores 18 de maio no paraninfo Xela Arias do IES Castelao e en sesión vespertina (como non podía ser doutro xeito) realizouse, por primeira vez no noso centro, a entrega dos diplomas acreditativos da graduación en bacharelato ao alumnado da quenda de adultos. (Ler máis)
Actuou como mantedor do acto o catedrático de Lingua Castelá e Literatura D. Pedro José Iturburua Arrizabalaga, quen realizou unha breve e gozosa disertación antes de dar paso á entrega dos mencionados diplomas por parte dos titores respectivos: o profesor de Física e Química D. Aníbal González Carracedo e o propio Pedro.
Algunhas das persoas graduadas: Xavier Alcalá e José Antonio Rodríguez, de 2º A, así como Jeremy Conde, Mónica Fernández, David López, Saúl Moreira, Robert Pérez, Luciano Ramírez e Valeria Tapia, de 2º B, aproveitaron a ocasión para pronunciar unhas palabras cheas de emoción e de sentido recoñecemento que foron recibidas con deleite por parte da asistencia. Cerrou o acto Dª Modesta Riesco, exprofesora de Filosofía do instituto, que tivo a deferencia de visitarnos co gallo da celebración. Tamén agradecemos á profesora Ana Rita Rodrigues o seu arranxo floral.
A cerimonia, propositadamente pouco solemne, resultou con certeza entrañable e emotiva, dentro da íntima familiaridade que caracteriza a quenda de adultos. A concorrencia saíu tan compracida que non deixaba de expresar o devezo de que se manteña e consolide de cara ao futuro, desexo ao que nos sumamos tamén de todo corazón.
Agustín Nieto