Homenaxe a Xela Arias no Día das Letras Galegas

 

O 17 de maio o IES Castelao acolleu un dos actos principais da celebración do Día das Letras Galegas 2021 adicado a Xela Arias, alumna do noso centro entre os anos 1976-80.

No pavillón reuníronse institucións e personalidades do mundo das letras e da política para homenaxear á Xela mestra, tradutora, editora e poeta.

Iniciouse o acto coa actuación do grupo A Banda da Loba, que interpretou un dos textos musicados do poemario Darío a diario, adicado pola autora ao seu fillo. En representación do centro interveu a nosa compañeira Mónica Soto que lembrou, con moito agarimo e emoción, a súa amizade con Xela e a relación desta co IES Castelao.

A continuación interviñeron Víctor Freixanes, Presidente da RAG, Darío Gil, fillo da homenaxeada, e Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, que enxalzou a figura da autora e a súa defensa da nosa lingua e cultura como sinais de identidade dos galegos.

Rematou este acto en lembranza de Xela Arias coa interpretación do Himno galego por parte da coral Casablanca de Vigo que podedes escoitar clicando aquí.

A continuación podedes ver o seguimento da noticia por diferentes medios:

Atlántico Diario.

Crtvg.es

 

 

O álbum elixido (aid = 415) non ten ninguha imaxe, ou non é público!