O luns 10 de maio o alumnado de 1º ESO participou nuns talleres de Yaracan, nos que se traballou a importancia da comunicación tanto verbal como non verbal. Os cans, auténticos detectives de emocións, e grandes captadores de pequenos xestos, ensinaron ás alumnas e alumnos a importancia da intelixencia corporal, da utilización do propio corpo para resolver problemas e comunicarse de xeito apropiado.
Durante os taller o alumnado traballou a forma de expresarse adecuadamente, o que ocorre cando a comunicación non é fluída, e a importancia da súa disposición corporal para crear unha alianza cos cans e os compañeiros de equipo.
A continuación podedes ver un vídeo da actividade que fixeron os rapaces e rapazas.