O pasado venres 30 de abril o alumnado de 1º de bacharelato tivo un encontro coa directora de cine galega Margarita Ledo. O coloquio completou o visionado da película Nación por parte dalgúns grupos de 1º de bacharelato hai un par de semanas. Os rapaces e rapazas puideron compartir as súas inquedanzas e interpretacións sobre a película coa propia directora, a quen temos que agradecer a súa proximidade e atención para con todos eles.