Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

     O alumnado de 1º de bacharelato D, acompañado polos profesores Julio Astor e Ramón Nicolás, participaron no día de onte nun acto de homenaxe á figura de Celso Emilio Ferreiro celebrado no Salón dos Reis dos Parlamento de Galicia, no que actuou como presentadora a actriz Isabel Blanco.

     Tras a intervención do alumnado do IES Celanova, representantes do IES Castelao do devandito grupo -Lucía Alcántara, Lois Martínez, Ángel Fernández e Daniela Prieto- deron lectura a tres poemas de Celso Emilio Ferreiro.

     A continuación escoitaron as intervencións de Ramón Nicolás, Xesús Alonso Montero, Víctor Freixanes, Valentín García, Miguel Santalices e Luís Ferreiro. O acto concluíu coa lectura do poema "Irmáus" a cargo de Benxamín, bisneto de Celso Emilio Ferreiro.

     Profesorado e alumnado do IES Castelao desprazouse tamén ao hemiciclo do Parlamento onde asistiu a unha breve explicación do funcionamento do Parlamento.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro