Estimadas familias:
O centro, seguindo instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, distribuirá máscaras entre o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022. Próximamente recibirán un aviso co prazo para recoller as ditas máscaras. Lembren que se foron beneficiarios/as da axuda de material escolar non necesitan presentar a solicitude desta convocatoria.
Ten que presentar solicitude o alumno que non foi beneficiario da axuda de material escolar e cumpre as seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (a 31 de decembro de 2019).
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
As solicitudes poden presentarse na Administración do centro (de 09:00 a 13:00 horas) ata o día 26 de novembro. Deben entregar o impreso que se achega debidamente cuberto e acompañado da fotocopia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar. No caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.