Skip to Content

REUNIÓN COS/COAS TITORES/AS

 

Próximamente convocarase por un aviso ABALAR aos pais e ás nais a unha reunión de inicio de curso cos/coas titores/as do alumnado deste centro. Na dita reunión trataranse diferentes aspectos relativos ao desenvolvemento do curso 2021/2022.

Para cumplir co protocolo COVID deberanse seguir as seguintes indicacións:

  • Soamente poderá acudir 1 representante por cada alumno, agás no caso de pais separados.
  • As entradas e saídas faranse pola porta da Costa do Pincho. Unha vez dentro do recinto, débense dirixir cara ao patio posterior.
  • As entradas e saídas serán graduais e deberase manter en todo momento a distancia interpersoal.
  • É obrigatorio o uso de máscaras.
  • As presentacións realizaranse na aula e no pupitre de cada alumno.
LUNS 18 DE OUTUBRO:  1º ESO e 4º ESO
LUNS 25 DE OUTUBRO:  2º ESO e 3º ESO

 

 

 



book | by Dr. Radut