Skip to Content

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO POR APROBAR O DELF

 

Parabéns ao noso alumnado de 4º da ESO que se presentou para a obtención do diploma DELF de Francés, pois todas e todos eles conseguiron aprobar.

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE ACTIVIDADES NO FINAL DE CURSO

E rematamos o curso con unha presentación de algúns dos proxectos e actividades que se fixeron ao longo do ano. 

 

 

Final de curso

GRADUACIÓN, DESPEDIDA A PAUL , XORNADAS DE ORIENTACIÓN E OBRADOIRO DE NUTRICIÓN

Estas semanas están a ser intensas no centro; ao final de curso xuntáronse diversos e emotivos momentos que recollemos neste artigo da nosa web. Ordenados pola data de celebración, destacamos en primeiro lugar a despedida do noso Auxiliar de Conversa en Francés, Paul. Este rapaz da Bretaña fíxose querer no centro e agardamos velo de novo o próximo curso. Case 100 alumnos déronlle unha despedida sorpresa.

 

 

 

O venres 10 de xuño celebrouse o acto de despedida do noso alumnado de 4º da ESO. Recollemos algunhas imaxes dese acto co que despedimos a promoción que nos acompañou desde o 2018 ao 2022:

 

 

 

 E falando de xente que nos acompañou, esta última semana tivemos a sorte de que nos visitaran exalumnos e exalumnas para celebrarmos unha Xornadas de Orientación nas que lle falaron ao noso alumnado máis maior, o de 3º e 4º da ESO: ciclos de FP de grao medio e superior, voluntariado no estranxeiro, Graos universitarios, 1º e 2º de Bacharelato... Unha chea de experiencias que lles agradecemos a todos os exalumnos/as que nos visitaron, e que nos enorgullece que pasaran non hai moito por este centro.

 

E, finalmente, destacamos o Obradoiro de Nutrición e Dietética que impartiu a nosa exalumna Susana Rodríguez para o alumnado de 2º da ESO, no que ademais de explicar o perigo do exceso de azucre, deron alternativas ás pizzas e aos zumes.

 

 

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2021/2022

Devolución de libros de texto do fondo solidario 2021/2022.

 Estimadas familias:

Nos vindeiros días repartiremos, entre o alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto 2021/2022, a listaxe de libros que deberán devolver nas seguintes datas:

- Alumnado que teña todas as materias aprobadas: semana do 13 ao 17 de xuño.

- O resto do alumnado: do 20 ao 22 de xuño.

Os libros devolveranse todos xuntos. O alumnado que tivera algunha materia pendente deberá entregar todos os libros na segunda quenda de devolucións (20-22 de xuño).

Os libros serán entregados aos/ás titores/as, que informarán ao seu alumnado sobre o procedemento a seguir.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023.

 Estimadas familias.

Hoxe comeza o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2022/2023. O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2022, este día incluído.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondo libros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a súa presentación no IES de Carral deben ter en conta os seguintes aspectos:

- É necesario solicitar cita previa no 881960480 ou no correo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal

- Deben entregar debidamente cuberto e asinado o impreso de solicitude. Pódeno imprimir dende a aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).

- Lembren entregar a documentación complementaria (non se farán copias no centro).

No arquivo que achegamos poden consultar a documentación que deben presentar coa solicitude e toda a información relativa ao procedemento.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día das Letras Galegas 2022 no IES de Carral

Este ano 2022 dedícase o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán. No noso centro podemos ver unha exposición sobre a obra do autor. O alumnado de 2º da ESO gravou un vídeo coa lectura dos seus textos que podedes ver con outras actividades sobre o autor no Google Sites Carralengalego na seguinte ligazón: https://sites.google.com/view/carralengalego/letras-galegas-2022-florencio-delgado-gurriar%C3%A1n

 

A seguir, podemos ver o vídeo que a profesora María José Miranda realizou con alumnado de 2º da ESO:

Os nosos parabéns a Inés Vázquez Ramallal

Desde o IES de Carral queremos dar os nosos parabéns a Inés Vázquez Ramallal, gañadora do premio Follas Novas do libro galego, pola banda deseñada Aldara. A lenda do cervo branco. Inés, que estudou no CPI Vicente Otero Valcárcel tivo a ben lembrarse da nosa excompañeira Teresa Pastor Novo, profesora de Lingua e Literatura Galegas en ambos centros. Eis nesta ligazón a entrega do premio e o discurso de Inés.  Recomendamos a lectura do libro, que destaca tanto pola calidade dos debuxos, como pola historia que conta.

 

Torneos solidarios

O Departamento de Educación Física organizou uns torneos solidarios de bádmington, fútbol e.  Colpbol. Quen se apuntaba aos mesmos podía doar un paquetiño de comida de axuda para a xente de Ucraína. A idea foi todo un éxito e nas imaxes podedes ver o resultado das aportacións.

Nas imaxes podemos ver o alumnado de 4º da ESO colaborando na organización e embalaxe dos alimentos. A seguir, as imaxes das caixas no instituto e no palé cando se entregaron.

 

 

 

Cuestionario da Fundación Barrié e a Universidade de Santiago

Estimadas familias:

Desde a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago solicitan a nosa colaboración nun estudo sobre “Redes sociais, videoxogos e Apostas entre a mocidade galega”. Na seguinte ligazón poden ler a carta completa. O seu fillo/a tería que cubrir un cuestionario anónimo; se non queren que o seu fillo/a o cubra, envíenos un correo ao ies.carral@edu.xunta.gal indicando o nome do seu fillo/a e a súa negativa a cubrilo. Tamén poden eviar a súa negativa en papel polo seu fillo/a. Enviarémoslles tamén un avispo por Abalar. Comezan a cubrir o cuestionario o venres 22 de abril.

 

Reciban un cordial saúdo

 

Equipo directivo do IES de Carral

 

Distribuir contido


by Dr. Radut