Skip to Content

Os nosos parabéns a Inés Vázquez Ramallal

Desde o IES de Carral queremos dar os nosos parabéns a Inés Vázquez Ramallal, gañadora do premio Follas Novas do libro galego, pola banda deseñada Aldara. A lenda do cervo branco. Inés, que estudou no CPI Vicente Otero Valcárcel tivo a ben lembrarse da nosa excompañeira Teresa Pastor Novo, profesora de Lingua e Literatura Galegas en ambos centros. Eis nesta ligazón a entrega do premio e o discurso de Inés.  Recomendamos a lectura do libro, que destaca tanto pola calidade dos debuxos, como pola historia que conta.

 

Torneos solidarios

O Departamento de Educación Física organizou uns torneos solidarios de bádmington, fútbol e.  Colpbol. Quen se apuntaba aos mesmos podía doar un paquetiño de comida de axuda para a xente de Ucraína. A idea foi todo un éxito e nas imaxes podedes ver o resultado das aportacións.

Nas imaxes podemos ver o alumnado de 4º da ESO colaborando na organización e embalaxe dos alimentos. A seguir, as imaxes das caixas no instituto e no palé cando se entregaron.

 

 

 

Cuestionario da Fundación Barrié e a Universidade de Santiago

Estimadas familias:

Desde a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago solicitan a nosa colaboración nun estudo sobre “Redes sociais, videoxogos e Apostas entre a mocidade galega”. Na seguinte ligazón poden ler a carta completa. O seu fillo/a tería que cubrir un cuestionario anónimo; se non queren que o seu fillo/a o cubra, envíenos un correo ao ies.carral@edu.xunta.gal indicando o nome do seu fillo/a e a súa negativa a cubrilo. Tamén poden eviar a súa negativa en papel polo seu fillo/a. Enviarémoslles tamén un avispo por Abalar. Comezan a cubrir o cuestionario o venres 22 de abril.

 

Reciban un cordial saúdo

 

Equipo directivo do IES de Carral

 

FESTA FINAL DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS...DESDE CARRAL

Este venres 8 rematan os "21 días co galego e máis... desde Carral". A seguir, os dous carteis das actividades. Pola tarde, no Campo da Feira ás 19:30 intentaremos bailar o tema "Terra" das Tanxugueiras guiadas polas rapazas de 2º da ESO. Preme na ligazón do Google Sites "Carralengalego"

TÍTULOS DE ESO DO CURSO 2019/2020.

O alumnado que rematou a ESO no curso 2019/2020 pode recoller o seu título na Administración do centro en horario de 09:00 a 13:00 horas. Se non puidera recollelo persoalmente debe autorizar por escrito á persoa que acuda ao centro.

COMUNICADO CONXUNTO DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NOS PATIOS DOS COLEXIOS

"O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade".

Seguindo estas instruccións, a partires deste momento deixará de ser obrigatorio o uso das máscaras nos exteriores do centro, tanto no patio  como nas entradas e saídas. Non obstante, aqueles que o consideren oportuno poderán seguir facéndoo como ata o de agora.

Recomendamos que os alumnos traian unha máscara de reposto para sustituir ante posibles perdas ou deterioros desta durante o recreo.

 

21 días co galego e máis... desde Carral

Este ano 2022 repetimos os "21 días co galego e máis... desde Carral", mais non podemos facelo na sección oficial. Así que nos puxemos de acordo co Concello e os centros escolares, CEIP Vicente Otero Valcárcel e CEIP de Tabeaio. Toda a información do evento no noso IES podedes vela no Google Sites "Carralengalego" (premendo no logo dos "21 días co galego e máis... desde Carral" que está na columna esquerda da web ou nesta ligazón  https://sites.google.com/view/carralengalego/21-d%C3%ADas-co-galego-e-m%...

Este é o cartel que fixemos no IES, despois de escollermos o debuxo de Lucía Fuentes como gañador do concurso de carteis.

 

DÍA DA MULLER 2022

SEMANA DE ROSALÍA E DO ENTROIDO 2022

03/03/2022 10:46

A Semana do 23 de febreiro houbo diferentes actividades no IES de Carral. Na web podes ver un resumo das mesmas. Máis información tes no Site Carralengalego https://sites.google.com/view/carralengalego/semana-de-rosal%C3%ADa-entr....

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA O CURSO 2022/2023.

O alumnado matriculado en centros non adscritos pode pedir praza no IES de Carral para o vindeiro curso entre o 1 e o 21 de marzo.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación Admisiónalumnado no menú: Solicitudes-Admisión-Crear.

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Se unha familia presenta unha solicitude de admisión tendo xa rexistrada outra para o mesmo alumno/a noutro centro, só poderá presentala previa renuncia expresa por escrito á anterior.

Distribuir contido


by Dr. Radut