ANUNCIO DE LICITACIÓN. CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES DE BRIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2014/2015

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo. IES de Brión

b) Obtención de documentación e información. Oficina de Administración.

1) Enderezo: Paseo de Pedrouzos nº 3.

2) Localidade e código postal: Brión, 15865

3) Teléfono: 981881817

4) Fax: 981 885899

5) Correo electrónico: ies.brion@edu.xunta.es

6) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo. Xestión de servizos.

b) Descripción. Servizo de xestión e explotación da cafetería do IES de Brión para o curso escolar 2014/15


3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación. Ordinaria.

b) Procedemento. Aberto.

c) Criterios de adxudicación. Oferta económicamente máis ventaxosa e calidade e prezo dos produtos ofertados coa posibilidade de presentación de variantes e melloras.


4. Canon mínimo de licitación:

a) Importe. Unha cantidade de catrocentos vinte e dous con cincuenta euros (422,50 €) que o licitador pagará ao IES de Brión en concepto de canon pola prestación do servizo.

5. Garantías esixidas. Definitiva: trescentos euros (300,00 €).

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas. 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio. No caso de que o último día fora sábado ou inhábil entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Oficina de Administración do IES de Brión.

Brión, 16 de xuño de 2014. O Directordo IES de Brión, Luciano Fernández Rueda

ACTO DE DESPEDIDA 2º BACHARELATO

Acto de final de curso
2º de Bacharelato: promoción 2013/14
Encontro das promocións de Bacharelato: 2009/10, 2010/11 e 2011/12
Salón de actos do IES de Brión
Venres 13 de xuño, ás 19:00 horas

O venres día 13 de xuño ás 19:00 horas terá lugar na aula de usos múltiples do IES de Brión un acto de remate de curso para o alumnado de 2º de Bacharelato e as súas familias.

Tamén están convocados a esta xuntanza os alumnos e alumnas das tres primeiras promocións (2009/10, 2010/11 e 2011/12) de Bacharelato do instituto.

DESPOIS DO ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO

Remantando o curso 2013-14 o Departamento de Orientación convoca ás familias do alumnado de 4º ESO a unha reunión informativa sobre as saídas ao rematar a etapa de ensino obrigatorio. A reunión terá lugar o martes 17 de xuño ás 19:00 h no IES de Brión. Nesta charla falarase do bacharelato e das materias vinculantes para estudos tanto universitarios como da formación profesional de grao superior, da FP de grao medio, de ensinanzas especiais, etc.

Do mesmo xeito quedan convidadas as familias de outros cursos que queran informarse.

INICIAMOS UNHA NOVA AVENTURA: A E.S.O

O vindeiro martes 17 de xuño ás 12:30 teremos unha xornada de portas abertas para o alumnado de 6º de primaria que no curso 2014-15 se incorporará ao noso centro. Virán acompañados polos seus titores e titoras.

FRANCISCA LAGO, INVESTIGADORA DO IDIS, EN RADIO emBRIÓN

Marina González, Lucía Adeva, Adrián Ferreiro, Erica González e Ricardo Freire entrevistaron a Francisca Lago, científica do IDIS, para RADIO emBRIÓN.

Escoita o programa

VÍCTOR ZABALA, MISIONEIRO COMBONIANO, EN Radio emBRIÓN

Os alumnos de 2º de BACH que cursan Relixión entrevistaron a Víctor Zabala, misioneiro vasco comboniano que traballou durante moitos anos na República Centroafricana. Falou de Africa, dos africanos, de como sufríu a malaria e a sida, de valores e moito máis.

Accede ao programa

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

As actividades programadas de conmemoración do día das Letras Galegas, en colaboración co Concello de Brión son:

  • "DÚAS LINGUAS, UNHA HISTORIA", o 12 de maio ás 11:15 para 1º de ESO
  • "CONTOS LITERARIOS", o 19 de maio, ás 11:20, para 2º de ESO
  • "NIMBOS", o 21 de maio, ás 11:20, para 4º de ESO e 1º de Bacharelato

Para máis información sobre as actividades, preme na seguinte ligazón

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/2015

Faise público o listado definitivo de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2014/15.

Consulta o documento

PROXECTO MOCIDADE ONLINE

O IES de Brión colabora co "Proxecto Mocidade Online" na obtención de datos sobre o uso de Internet do noso alumnado.

O proxecto pretende coñecer o uso de internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia a través dunha enquisa que se realizará desde a páxina web creada ao efecto: https://www.edu.xunta.es/proxectomocidadeonline/

Esta iniciativa está coordinada polos seguintes organismos: Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria (CCOU), Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Universidade de Compostela (USC) e Valedor do Pobo.

[Carta ás familias]

AS LISÍMACAS

A ANPA  PEDRA  VIADA   convida  á  estrea da  montaxe  teatral  "As  Lisímicas" basada  na  obra  "Lisístrata" de  Aristófanes,  interpretada  por  alumnas  e alumnos do  taller  de  Teatro da  Anpa.

A  estrea  será  este  sábado 10 de maio  ás  20:30 no Centro Social Polivalente.
Distribuir contido