VISITAS CULTURAIS
Enviado por Anónimo o Ven, 16/01/2015 - 14:08Os departamentos de Lingua Castelá e Biblioteca organizan:
- Visitas culturais ao Museo de La Voz de Galicia
- Visita á Casa- Museo de Emilia Pardo Bazán
para o alumnado de 4º de ESO: 4º A, 4º B e 2º PDC, o xoves, 29 de xaneiro de 8:30 a 16:30 horas
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
Enviado por Anónimo o Ven, 16/01/2015 - 14:01O departamento de Filosofía e dinamización linguística organiza a visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o martes, 20 de xaneiro de 8:45 a 11:30 hora
UN PROXECTO DO IES DE BRIÓN RESULTA PREMIADO EN "SENSORES PARA TODOS"
Enviado por admin o Mér, 26/11/2014 - 23:37
O proxecto "Xogando coa luz" elaborado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acadou unha Mención Especial no concurso "Sensores para todos" promovido por Igaciencia e patrocinado por educaBarrié e pola Domus. Os alumnos e alumnas que participan no proxecto son: Christian Capeáns Pérez, Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns González, Carlos Manuel García-Novio González, María Gramunt Cernadas, Lois Meira López, María Otero Anguiano, Xulia Sánchez Rodríguez e Daniel Eduardo Vila Mateus. |
|
|
O proxecto, enmárcado nas actividades organizadas ao redor do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas súas diferentes fases polo profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo. O éxito do proxecto, desenvolvido integramente con software e hardware libre (S4A e Arduino), é unha agradable recompensa ao esforzo que supón a cada vez máis necesaria introdución da programación nas aulas. |
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Lun, 24/11/2014 - 01:11Corresponde ao actual curso escolar a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro
As votacións terán lugar o día 27 de novembro
A continuación indícanse os horarios das votacións e os membros do Consello Escolar a substituir:
SECTOR |
HORARIO |
Nº TOTAL DE MEMBROS | MEMBROS A SUBSTITUIR |
Profesorado ( Claustro extraordinario) | 10:05 horas | 7 | 4 |
Alumnado (no vestíbulo do Instituto) | 12:05 a 13:15 h | 4 | 2 |
Nais e pais ( no vestíbulo do Instituto) | 17:00 a 19:00 h | 3 |
1 representante da ANPA 1 representante de nais/pais |
Persoal non docente | 13:15 a 14:05 h | 1 | 1 |
Para consultar máis información sobre o proceso electoral:
- A Lexislación aplicable ao proceso electoral pode consultarse en Eleccións de membros do Consello Escolar
- O calendario electoral aplicable, pode consultarse en: Calendario Electoral
- Constitución das mesas electorais: Mesas electorais
- Relación de candidatos ao Consello Escolar: Candidatos ao Consello Escolar
LUCIANO FERNÁNDEZ RUEDA EN RADIO emBRIÓN
Enviado por admin o Xov, 20/11/2014 - 23:56Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, unha alumna de 2º de ESO e o actual director do IES de Brión entrevistan a Luciano Fernández Rueda que, despois de toda unha vida adicada á docencia, o deixa para comezar outra etapa, a merecida xubilación.
ANDRÉS GONZÁLEZ BELLIDO EN RADIO emBRIÓN
Enviado por admin o Sáb, 15/11/2014 - 00:36Agustín Vázquez, Pilar Moreno, Sara Riveira e Santiago Soliño entrevistan a Andrés González Bellido, creador do Programa TEI (Titoría entre iguais) para a prevención do acoso escolar, que se implantará o presente curso 2014/15 para alumnado de 1º e 3º de ESO no noso centro.
XOGOS POPULARES
Enviado por Anónimo o Xov, 06/11/2014 - 00:47XOGOS POPULARES NO IES DE BRIÓN
Data: Martes, 11/11/2014 de 16:15 a 17:55
Grupos: 1º e 3º de ESO
Organización:
Alumnado de 3º de ESO
-
Serán os encargados do desenvolvemento da actividade e de explicar o regulamento dos xogos.
-
O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.
-
Cada grupo estará identificado cun sinal identificativo que levará o coordinador pegado nun peto.
-
Cada grupo permanecerá durante toda a actividade desenvolvendo o seu xogo.
-
Alumnado de 1º de ESO
-
Serán os que realizarán os xogos baixo a supervisión do alumnado de 3º de ESO.
-
O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.
-
Cada grupo permanecerá un tempo nun xogo e logo irá rotando.
-
Profesorado
-
Departamento de Normalización Lingüística, Departamento de Educación Física, Vicedirección, Orientación e Profesorado titor dos grupos correspondentes.
Documentación
TITORÍA ENTRE IGUAIS
Enviado por Anónimo o Xov, 06/11/2014 - 00:23
|
O pasado sábado 18 de outubro tivo lugar no IES de Brión a primeira das sesións formativas do Programa TEI (Titoría entre iguais) para a prevención do acoso escolar, que se implantará o presente curso 2014/15 para alumnado de 1º e 3º de ESO no noso centro. A sesión, a cargo do creador do programa, o profesor Andrés González Bellido, estivo dirixida a profesorado deste mesmo centro e de centros da contorna. A formación está organizada polo CAFI ( Centro autonómico de formación e innovación) en coordinación coa Vicedirección e o Departamento de Orientación do IES de Brión. O sábado 8 de novembro terá lugar a segunda das sesións formativas, previas á posta en marcha do programa co alumnado. |
Para máis información, ver o resumo do programa Crónicas emitido en TVE 2.
O TEI na TVG:
V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Enviado por Anónimo o Mar, 04/11/2014 - 00:01
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Tecnoloxía organizan a Videoconferencia " A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)" impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, para o alumnado de 4º de ESO e o alumnado que curse a materia de TIC en 1º de Bacharelato. |
A videoconferencia terá lugar o mércores 5 de novembro de 12:00 a 13:00 horas na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do V día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego. Manuel Caeiro Rodríguez é doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »