ISAAC DÍAZ PARDO. LUZ E COMPROMISO NA PRENSA

A prensa  publicou nos últimos días a nova sobre a exposición "Isaac Díaz Pardo. Luz e compromiso" que acolle o noso instituto ata o 15 de marzo.

Para consultar as novas preme nas seguintes ligazóns:

ORIXE E CONSECUENCIAS SOCIAIS DA CRISE ECONÓMICA

O xoves 6 de febreiro, o profesor da área de Historia e Institucións Económicas da USC Jaime Barreiro Gil imparteu unha conferencia destinada ao alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato baixo o título "Orixe e consecuencias sociais da crise económica". Esta actividade foi a primeira das tres charlas que ten concedidas o IES de Brión dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade".  
     
   

O alumnado de Economía de 1º e 2º de bacharelato entrevistou ao profesor Jaime Barreiro en Radio emBrión.

[Escoita o programa]

ISAAC DÍAZ PARDO. LUZ E COMPROMISO


 

O IES de Brión acolle dende o día 23 de xaneiro ata o 15 de marzo a exposición  "Isaac Díaz Pardo. Luz e Compromiso". Permanecerá aberta de luns a venres en horario lectivo e as tardes dos martes de febreiro de 16 a 20 horas. Foi realizada por Maka Arca Camba e Ana Mosquera Pérez, profesoras do IES nº 1 de Ordes, que sentiron a necesidade de contribuir a espallar o traballo desta figura irrepetible da cultura galega.

A exposición fai un percorrido por toda a súa vida e obra,  sempre impregnada  dun inmenso amor e compromiso coa nosa terra. Comeza coa infancia 

 

e adolescencia, presentándonos a un neno criado nos valores culturais, ideolóxicos e artísticos da República que ve como todas as  ilusións e soños dese período escachan en xullo de 1936 co golpe militar e o drama da guerra civil. A partir de aí tivo que ir facendo frente á vida como puido pero eses anos da nenez deixaron nel unha marca indeleble que sempre o alentou no desexo de mudar a sociedade galega. Contando coa colaboración de personalidades creadoras como a de  Luís Seoane levou adiante a proposta cultural privada máis importante e trascendente feita en Galicia despois do ano 1936. Como recoñecemento á súa traxectoria recibíu numerosos premios e distincións, pero nos seus últimos anos tivo que ver como o seu labor se ven abaixo polo afán mercantilista dos seus "leais socios" que o arredan do control das empresas que el creara. A avalancha de actos de homenaxe e adhesión que seguiron a estes feitos non foron suficientes para compensalo do dano que lle fixeran algunhas das persoas nas que confiara. O 5  de xaneiro de 2012 morre Isaac Díaz Pardo deixándo tras de si unha extensa obra como pintor, debuxante, cartelista, escritor, escenógrafo, deseñador, promotor de industrias e institucións culturais... pero sobre todo o exemplo da súa vida, unha auténtica torre de ética e estética.


 
  

     
     

VISITA AO CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO

13/02/2014 10:05

O departamento de Orientación organiza a visita ao CIFP Politécnico de Santiago para coñecer os Ciclos de FP ofertados no centro, para o vindeiro 13 de febreiro do 2014, dentro da Semana de Portas Abertas

Fonte: CIFP Politécnico

EXPO METEORO

Estes días contamos no Instituto coa exposición " EXPO METEORO" unha exposición de meteoroloxía realizada por Meteogalicia, con  paneis onde se explica a diferenza entre tempo e clima, os
factores que determinan o tempo, as magnitudes e aparellos para medilo, a
predición do tempo, as nubes, a lingua relacionada co tempo...

CONFERENCIA: "ORIXE E CONSECUENCIAS SOCIAIS DA CRISE ECONÓMICA"

06/02/2014 11:15
06/02/2014 12:05

O vindeiro 6 de febreiro Jaime Barreiro Gil, profesor de Historia e Instituciones Económicas da Universidade de Santiago de Compostela,impartirá para o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato unha conferencia sobre a "ORIXE E CONSECUENCIAS SOCIAIS DA CRISE ECONÓMICA", entre as 11:15 e as 12:05 horas, na aula de usos múltiples do instituto.

ENTREVISTA A FERNANDA TABARÉS EN RADIO EmBRIÓN

Os alumnos/as de 1º de ESO A, na materia de Proxecto Interdisciplinar, entrevistaron en Radio emBrión á xornalista de V Televisión Fernada Tabarés. Falounos de xornalismo, de televisión e por suposto do seu programa Vía V.

Agradecemos a Fernanda que se achegara a Brión dende A Coruña para participar neste proxecto de Radio escolar.

    

Preme na imaxe para acceder ao programa de radio :

A BIBLIOTECA EN RADIO emBRIÓN

O pasado 17 de decembro gravouse un programa especial sobre a Biblioteca do IES de Brión, no que os alumnos Samuel Batalla ( 3º de ESO),  Adrián Pinza e Antonio Dubert  ( 4º de ESO) coa colaboración de María Tilve (profesora do centro agora xubilada que tivo moita relación coa biblioteca) entrevistan a Esther García e Armando Patiño, encargados de dinamizar e organizar a biblioteca do instituto.

Preme nas imaxes para acceder ao programa:


EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

18/12/2013 12:25
19/12/2013 14:05

O departamento de Orientación organiza unha actividade de educación afectivo sexual con monitores da Cruz Vermella para o alumnado de 4º de ESO. A actividade desenvolverase no centro coa seguinte programación:

  • mércores, 18 de decembro, de 12:25 a 14:05
  • xoves, 19 de decembro, de 12:25 a 14:05

QUÉROTE+

16/12/2013 10:25
18/12/2013 14:05

O departamento de orientación organiza o programa Quérote+, sobre educación afectivo sexual no que se tratarán temas de convivencia, imaxe corporal es sexualidade, dentro do Plan Proxecta, para o alumnado de 3º de ESO os días 16, 17 e 18 de decembro coa seguinte programación:

  3º A e 1º PDC      3º B
luns, 16 de decembro 10:25 a 12:05 12:25 a 14.05
martes, 17 de decembro 10:25 a 12:05 12:25 a 14.05
mércores, 18 de decembro 10:25 a 12:05 12:25 a 14.05

 

A actividade terá lugar na aula de usos múltiples do instituto

Distribuir contido