CHARLA TEMÁTICA" O BOSÓN DE HIGGS"
Enviado por Anónimo o Ven, 27/02/2015 - 13:42O departamento de Física e Química e Vicedirección organizan a charla temática " O bosón de Higgs" dentro do Programa A Ponte da USC o vindeiro 5 de marzo de 12:25 a 13:15 horas, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 4º A
ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2015/16
Enviado por admin o Ven, 27/02/2015 - 11:47Calendario:
Do 1 ao 23 de marzo | Presentación de solicitudes de admisión | |
Do 26 ao 9 de abril | Presentación da documentación xustificativa para o baremo (se hai máis peticións que prazas) | |
Antes do 25 de abril | Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido | |
Do 27 ao 1 de maio | Reclamacións | |
Antes do 15 de maio |
Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido | |
Do 25 de xuño ao 10 de xullo | Matrícula ordinaria | |
Do 1 ao 10 de setembro | Matrícula extraordinaria |
Documentación:
Anexo II: Formulario de admisión (en galego)
Anexo II: Formulario de admisión (en castelán)
Resolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión
OBRADOIRO QUÉROTE+
Enviado por Anónimo o Mar, 10/02/2015 - 13:51
O departamento de Orientación organiza un obradoiro Quérote+ de educación afectivo-sexual para o alumnado de 3º de ESO o 27 de febreiro na sala de usos múltiples. O obradoiro desenvólvese no seguinte horario: 10:25 a 12:05 para o alumnado de 3º A e PDC 12:25 a 14:05 para o alumnado de 3º B |
VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL
O departamento de Bioloxía organiza unha visita ao Museo de Historia Natural para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato o 25 de febreiro de 2015 de 15:00 a 19:30 horas. |
OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
Enviado por Anónimo o Mar, 03/02/2015 - 13:18O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a participación na fase galega da VI Olimpíada de Xeoloxía para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o día 11 de febreiro de 2015 de 10:05 a 19:00 horas.
Concurso "Alicia no país das marabillas" e matemáticas
Enviado por Anónimo o Lun, 02/02/2015 - 11:42Este curso o lema das bibliotecas escolares é "Biblioteca escolar... matemático! Por iso vos propoñemos un concurso que relaciona matemáticas e literatura a través do clásico de Lewis Carroll "Alicia no país das marabillas"
Bases e mecánica do concurso:
-Participantes: todo o alumnado do Instituto. Ollo! Non podedes concursar individualmente. Os equipos estarán formados por alumn@s da mesma aula. O número de integrantes de cada equipo é libre.
-Prazo de inscripción: do 2 ao 6 de Febreiro na Biblioteca (durante os recreos).
En que consiste o concurso?
*Ao principio de cada semana dende a Biblioteca plantexaremos unha pregunta sobre un ou dous capítulos de Alicia no país das marabillas.
*Os equipos terán ata o venres para entregar a resposta na biblioteca durante o horario no que está aberta. A semana seguinte haberá unha nova pregunta sobre os capítulos seguintes e así sucesivamente.
*Os equipos que non contesten correctamente serán eliminados do concurso.
*A dificultade da pregunta semanal será progresiva . A duración do concurso non está fixada . Todo depende da vosa participación.
-Para participar no concurso necesitades ir lendo os capítulos de Alicia no país das marabillas correspondentes ás preguntas semanais. Na biblioteca atoparedes o libro en papel e tamén en formato dixital (libros electrónicos). Xa veredes como vos gusta. Ademais podedes tamén ver as distintas versións cinematográficas da novela. Seguro que coñecedes o filme de debuxos animados que fixo a factoría Disney mais recomendámovos un filme posterior de Tim Burton, un director americano cun xeito de facer cine moi personal.
-O equipo gañador recibirá un premio sorpresa. Na medida que o concurso se alongue pois as preguntas semanais son acertadas , o premio será maior. Non vos decimos en que consiste pois dependerá da idade e gustos do equipo gañador.
ALUMNADO DE 4º PARTICIPA NO 7º OBRADOIRO-CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA
Enviado por Anónimo o Sáb, 31/01/2015 - 21:23Un grupo de alumnos/as de 4º de ESO de Tecnoloxía, participa no 7º obradoiro-concurso galego de robótica, organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié.
A participación do alumnado do noso instituto terá lugar o vindeiro luns 2 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.
Información sobre a actividade vía: educaBarrié
A nova na prensa:
ENTREGA DE CARNÉS TEI AO ALUMNADO DE 3º DE ESO
Enviado por admin o Ven, 30/01/2015 - 15:45O día 30 de xaneiro, Día Mundial da Non Violencia e da Paz, fíxose entrega dos carnés de Titores ao alumnado de 3º de ESO que recibiu durante este mes a formación inicial para titorizar ao alumnado de 1º de ESO dentro do programa de Titoría entre Iguais (TEI). O acto contou coa presencia do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Previamente o alumnado participou no obradoiro "Relaciónate! De bo rollo!" a cargo de "Quérote +"
ENTREVISTA A LOURDES SUÁREZ E A XOSÉ CUNQUEIRO EN RADIO emBRIÓN
Enviado por admin o Ven, 30/01/2015 - 00:22O alumnado de 1º ESO B de Relixión prepararou esta entrevista tan especial a Lourdes Suárez de 94 anos de idade e a Xosé Cunqueiro de 72, veciños de Brión.
Lourdes traballou na terra, coidando nenos e de empregada de fogar. Agora vai bailar tódos os domingos.
Xosé estivo oito anos na emigración; Francia, Suiza, Canadá e Pais Vasco. Agora traballa no campo e gústalle ir ver xogar ao seu neto a fútbol sala.
VISITA A FACULTADES DA USC
Enviado por Anónimo o Mér, 28/01/2015 - 13:13O departamento de Orientación organiza a visita a distintas facultades da Universidade de Santiago de Compostela situadas no Campus Vida e no Campus Norte o vindeiro mércores 4 de febreiro de 9:30 a 14:05, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- seguinte ›
- última »