… PÁSALLE A LINGUA!
Concurso de microvídeos
O ENDL do IES As Lagoas convoca un concurso de creación de microvídeos dirixido aos alumnos dos IES de Galicia para combinar o control das novas tecnoloxías da comunicación coa promoción da lingua galega, de acordo coas seguintes
BASES:
1) Poderán participar todos os alumnos e alumnas dos centros de ensino medio de Galicia e do resto do mundo.
2) Os microvídeos terán unha duración máxima de dous minutos e promoverán unha idea positiva da lingua galega.
3) O medio orixinal da gravación poderá ser calquera, -videocámara, teléfono móbil, etc.- e os microvídeos incluirán son e imaxe e deberán ser colgados en youtube e enviada comunicación cos datos de identificación (enlace, título, pseudónimo, autor, centro de ensino, idade e curso, enderezo, teléfono móbil, enderezo electrónico) a “pasallealingua@gmail.com.
4) Os enlaces iranse facendo públicos, a medida que vaian chegando, na páxina da nosa Biblioteca (http://unhalagoadelibros.blogspot.com/) citando pseudónimos e centro.
5) O prazo de presentación rematará o día 6 de xuño, aniversario da morte de Louis Lumiere e do desembarco de Normandía, en homenaxe ao inventor do cine e aos soldados de Ramirás combatentes na praia de Omaha.
6) O xurado poderá darlle difusión aos microvídeos, citando procedencia e autoría.
7) Haberá dúas cateogorias de premios: Alumnos do IES As Lagoas e Resto do Mundo.
8) En cada categoría habéra tres premios: De 100, 50 e 25 euros respectivamente, e serán comunicados no blog da biblioteca e persoalmente aos gañadores, o día 9 de xuño, aniversario da morte do emperador Nerón, en Roma.
9) Os participantes aceptan estas bases e a interpretación delas que fagan os membros do Xurado, pertencentes ao ENDL do Centro.
Ourense, 1 de maio de 2008