YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

 alt=

 

Complementarias

Recollida de cabichas con Adega

Durante a mañá do martes 7 de Maio, o alumnado de FpbI realizaron una saída coa asociación ecoloxista Adega, durante a que realizaron un roteiro na contorna do instituto para recoller cabichas e outros restos plásticos.

No noso compromiso por fomentar a conciencia ambiental e a responsabilidade cidadá, os departamentos de Ciencias Naturais e Física e química organizaron esta actividade co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia de manter limpo o noso contorno e contribuír á preservación do medio ambiente.

Esta actividade non só buscou limpar a área, senón tamén educar sobre os efectos negativos do tabaco na saúde e no medio ambiente.

Agradecemos a colaboración de todo o alumnado e o compromiso do equipo docente nesta actividade. Xuntos, podemos marcar a diferenza e contribuír a un mundo máis limpo e saudable.

 

Álbum: Curso 23/24 -> Recollida de cabichas con Adega

GAZA. Charla-coloquio Ruth Conde Médicos sen Fronteiras

Hoxe tivemos a oportunidade de escoitar de viva voz a recente experiencia de Ruth Conde en Gaza (Palestina) como enfermeira especialista en pediatría e en asistencia sanitaria en zonas de conflito bélico. Foi unha charla didáctica e directa, respetuosa coas víctimas, pero tamén cargada de emotividade, que deixaba traslucir un profundo compromiso co seu traballo. Unha lección de vida...

Álbum: Curso 23/24 -> GAZA. Charla-coloquio Ruth Conde

OS IDUS DE MARZO

O 15 de marzo se commemorou o asasinato de Xulio César, feito que mudou a historia de Roma e, probablemente, do resto do mundo da época. Este ano non fixemos representación teatral se non que  fixemos unha exposición de varios libros que falan da figura deste ilustre persoaxe. Tamén recreamos a toga manchada de sangue que probablemente levaba o día do seu asasinato.

 

             libros_sobre_Julio_Cesar.jpg                                 GRAN_LIBRO_SOBRE_JULIO_CESAR~0.jpg                        PEGADAS_DO_ASASINATO2.jpg        PEGADAS_DO_ASASINATO1.jpg

PREMIO DO CONCURSO DE R.N.E. "VERBA VOLANT"

    O pasado 25 de febreiro a alumna de 1º de Bacharelato de Humanidades, Sara Francos Crego, gañou o concurso "Verba Volant" do programa de R.N.E.  "No es un día cualquiera" ao contestar correctamente á pregunta: "Cal e o nome da lagoa que rodea ao Hades?", a resposta era: "A lagoa Estixia".  O premio foi  o libro "Calamares a la romana" do profesor Emilio del Río.                                                    

 

 

                                                                  premio_de_verba_volant.jpg

O ALUMNADO DE BACHILLERATO DE HUMANIDADES DISFRUTANDO DAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS DO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE LUGO

O 29 de febreiro, un ano máis, o alumnado de Bacharelato de Humanidades tivo o

pracer de asistir á representación de dúas obras no marco do Festival de Teatro

Grecolatino de Lugo. Pola mañá poideron ver  a traxedia "Edipo Rey" de Sófocles e, pola

tarde, a comedia de Plauto "Os xemelgos". Disfrutaron moito con ambas obras e

decatáronse da importancia da literatura grecolatina no ámbito cultural de antes e de agora.

ACTORES

Visita ó Pico Sacro

O pasado 26 de febreiro, as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato matriculados en Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, en Cultura Científica e mais no CMdual de excavacións e sondaxes,visitaron o Pico Sacro no Concello de Boqueixón, guiados polo xeólogo Fran Canosa.

Realizaron un roteiro xeolóxico-didactico no que aprenderon aspectos sobre a orixe xeolóxica de Galiza e a formación do propio Pico Sacro (do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que presenta).

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

Previamente, viñeran de realizar no laboratorio do instituto un obradoiro de mineraloxía, no que coas explicacións do xeólogo puideron observar de preto as diferentes propiedades que nos permiten diferenciar os diferentes minerais que nos rodean.

 

Álbum: Curso 23/24 -> Visita guiada Pico Sacro

VISITA ALUMNADO DE EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL A S EXPOSICIÓNS DA CASA DO CABILDO E O MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

                                                                                                                 O pasado mércores 10 de xaneiro co alumnado de PRO1 e o xoves 11 de xaneiro co alumnado de PRE1 e PRE2, realizamos a visita ás exposicións da Casa do cabildo e do Museo das Peregrinacións  situados na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

A exposición "Santiago proxectado, arquitecturas non construidas" da Casa do Cabildo,  reúne unha serie de proxectos urbanísticos e arquitectónicos xestados ao longo da historia da cidade e que por diversas circunstancias non chegaron ao seu fin e permanecen no descoñecemento ou no esquecemento. A exposición analiza un total de catorce proxectos que puideron supoñer unha enorme mudanza na configuración urbanística da Compostela que hoxe en día coñecemos. Algunhas destas propostas foron redactadas por grandes mestres da arquitectura do talle de Rafael Moneo, Álvaro Siza, Norman Foster, Antonio Palacios ou Alejandro de la Sota, entre outros. 

O Museo das peregrinacións , tiña dous exposicións temporais , unha de fotografías do Camiño de Santiago " Acollida e hospitalidadee no camiño de Santiago" e outra de acuarelas e debuxos de distintas mulleres artistas sobre o Camiño "Peregrinas Ilustradas" además das dos exposicións temporais acolle  de forma permanennte unha visión do nacemento e evolución da cidade de Santiago de Compostela e en especial do fenómeno da peregrinación, en canto xerador da urbe.

VISITA AO CiQUS DA USC

O venres 27 de Outubro, o alumnado de 2º de Bacharelato matriculado en Bioloxía e en Química visitou o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica y Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago. O CiQUS forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional–Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, que centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais. https://www.usc.es/ciqus/es

Asistimos a unha charla-presentación sobre a rede de centros singulares de investigación no marco do Sistema Universitario de Galicia, as liñas de investigación do CiQUS, os proxectos de en colaboración internacional que desenvolven, os seus programas de atracción de talento e a transferencia de coñecemento aos sectores público e empresarial.

Visitamos varios laboratorios de técnicas instrumentais para presenciar “in situ” como desenvolven a súa actividade e coñecer algúns fundamentos básicos de varias técnicas de análise química e biolóxica: Electroforese, Espectrometría de Masas, Resonancia Magnética Nuclear (NMR) e Microscopía óptica de Fluorescencia (vimos células canceríxenas en división tratadas con fármacos oncolóxicos).

Tamén estivemos no laboratorio do grupo de investigación do profesor Eduardo Fernandez-Megía, onde o seu persoal introduciunos de xeito didáctico nunha das súas liñas de investigación máis punteiras: “Síntese de dendrímeros e nanoestruturas poliméricas para aplicacións biomédicas, administración e diagnóstico de fármacos”.

https://www.usc.es/ciqus/es/grupos/nanobiomol

Por último, un investigador post-doutoral do centro falounos sobre a súa experiencia, os seus inicios, as etapas dunha carreira científica e as vantaxes e desvantaxes de dedicarse á investigación e explicounos o seu traballo actual no CiQUS.

 
Álbum: Curso 23/24 -> 2023-10-27_Visita CiQUS

BAREMACIÓN ERASMUS+

27/10/2023
Europe/Madrid

Logo de ser aprobado polo Consello Escolar, publícase o baremo e a baremación das candidaturas recibidas na convocatoria 2023.

Podedes consultar ambos documentos no apartado "Documentación" da sección Erasmus que veredes á dereita desta páxina.

Maio '23 Visita a Irlanda

27/10/2023
Europe/Madrid

En maio do 2023 as profesoras Noemí Méndez-Benegassi (Xefa do Dept. de Edificación e Obra Civil) e Inés Pascual Roy (Coordinadora Erasmus e Xefa do Dept de Inglés) fixeron un percorrido polas cidades máis significativas da República Irlandesa coa doble finalidade de atopar empresas onde o noso alumnado poda facer prácticas e visitar á nosa empresa de referencia en Galway, Atlantic Languages, que como case cada ano, acolleu unha mobilidade Erasmus+.

Coma resultado da viaxe, acordamos colaboracións con unha empresa de Dundalk, dúas de Galway e dúas de Cork.

ACTO GRADUACIÓN 2º BACHARELATO IES FONTIÑAS 26/5/2023 18:00 SALÓN DE ACTOS

00/00/
Array

ACTO GRADUACIÓN 2º BACHARELATO IES FONTIÑAS 26/5/2023-HORA 18:00 SALÓN DE ACTOS 

COMEMORACIÓN DOS IDUS DE MARZO POR PARTE DO ALUMNADO DE SERVICIOS ADMINISTRATIVOS 1 (FP BÁSICA)

O 15 de marzo se commemorou o asasinato de Xulio César, feito que mudou a historia de Roma e, probablemente, do resto do mundo da época. Para isto, o alumnado de Servicios Administrativos 1 (F.P. Básica) fixo unha immersión cultural no espacio e no tempo, trasladándose á Roma do final da República. Así abandonaron as súas personalidades para pasar a ser Xulio César, Caio, Cinna, Cimber, Calpurnia, un mensaxeiro... e comprender dun xeito lúdico o que sucedeu ese día "fatídico".

Álbum: Curso 22/23 -> Idus de Marzo

CHARLA: APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA E A ENXEÑARÍA AMBIENTAL EN GALICIA

O 7 de marzo de 2023 estivo connosco Francisco Omil Prieto, Catedrático do Departamento de Enxeñaría Química da USC para impartir a Charla Temática do programa “A Ponte” da Universidade de Santiago: "Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental en Galicia".

O conferenciante exerce o seu labor docente na Escuela Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago e desenvolve as súas investigacións no Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnologías Ambientales (CRETUS), como integrante do grupo de investigación de Biotecnoloxía Ambiental.

Á charla asistiú o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e CA (1º BAC), o de Bioloxía 2º BAC e o de Ciencias da Terra e MA de 2º BAC.

O profesor levou a cabo una completa presentación sobre a situación da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental no ámbito de Galicia, destacando o papel da formación universitaria, un dos centros de interese para o alumnado presente na charla.

Francisco Omil explicou os tipos de Biotecnoloxía, relacionando os mesmos cos estudos universitarios e o amplo abano de posibilidades do alumnado á hora de tomar decisións no referente á orientación-formación profesional. A presentación contaba con imaxes moi ilustrativas do tema que o catedrático estaba a expoñer. Algunhas facían referencia a episodios históricos, outras a personaxes destacados no ámbito da investigación en Galicia.

En nome de toda a comunidade educativa do IES As Fontiñas, agradecémos a Francisco Omil a súa visita ao centro, que nos permitiú disfrutar de esta interesantísima conferencia.

 
Álbum: Sen categoría -> 2023-03-07_Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental en Galicia

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO EN LUGO

O día 6 de marzo, unha vez máis, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de  Humanidades asistiu  as representacións teatrais co gallo do FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO que se celebrou en Lugo. Tiveron o pracer de ver duas obras: pola mañá unha traxedia grega "As troianas" do traxediógrafo Eurípides. Nesta obra comprobaron a dor que sentiron e, por desgracia, aínda senten as mulleres que son vítimas das guerras feitas polos homes e que son convertidas en escravas deles e levadas lonxe dos seus fogares.

Pola tarde, o tema mudou por completo, xa que asistiron a unha representación da comedia "Cásina" do autor latino Plauto. Onde o papel da muller seguía sendo o de non ser a dona da súa existencia e estar a disposición dos homes.

Pero o máis importante foi ver que hai máis alumnado que sinte o pracer de estudar Latín e Grego e que estas materias serven para entender que moitas facetas da humanidade non cambian, xa o decían os clásicos: NIHIL NOVUM SUB SOLE.

 

 

 

 

NOVA MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC

No presente curso 22-23 o departamento de Física e Química tivo a oportunidade de participar de novo con catro alumnas de 2º de Bacharelato e o seu profe de Física na Masterclass de Física de pàrtículas que tivo lugar este venres, 3 de marzo, no campus SUR e que está organizada e coordinada polo IGFAE (instituto galego de física de altas enerxías). A Masterclass é unha actividade divulgativa internacional que pretende estimular as vocacións científicas entre os estudantes e unha oportunidade única para que teñan un contacto directo con física de vangarda e persoal científico en activo. A xornada repite o éxito de anos anteriores esgotando todas as prazas dispoñibles, que se incrementaron de 70 a 100, permitindo que mozas e mozos de 36 centros Galicia se acheguen á investigación que se realiza no IGFAE e no CERN. O alumnado recibiu dúas conferencias teóricas: primeiro unha introdución á Física de Partículas por parte do investigador posdoutoral Arnau Brossa Gonzalo, e outra sobre aceleradores e detectores de partículas por Carlos Vázquez Sierra, tamén posdoc do IGFAE. Despois de aprender os fundamentos básicos, realizaron un exercicio práctico en grupo no que utilizaron datos reais do experimento CMS (Compact Muon Solenoid) do LHC ‒un dos que descubriu o bosón de Higgs xunto con ATLAS‒ e un software específico para identificar colisións de partículas. Unha vez recompilados os resultados, compartíronos por videoconferencia co CERN e outros centros de distintas partes do mundo como Brasil, Turquía, e outros, que organizan simultabeamnte a mesma xornada, como se fose unha colaboración científica internacional. Mediante esta vídeoconferencia puxéronse en común as experiencias e coñecementos adquiridos durante a xornada.

 

Visita ao Pico Sacro e á mina de cuarzo “Serrabal-RAMSA”

O 23 de xaneiro visitamos co Alumnado de 1º de Bacharelato matriculado en Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais o Pico Sacro e a mina de Cuarzo "Serrabal-RAMSA" no Concello de Boqueixón.

Comezamos cun roteiro xeolóxico-didactico guiados polo Xeológo Fran Canosa, que nos explicou aspectos sobre a orixe xeolóxica de Galiza e a formación do propio Pico Sacro (do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que presenta).

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

Na segunda parte da mañá, visitamos as instalacións da mina de Serrabal (propiedade da empresa Ferroglobe), acompañados por un Enxeñeiro de minas e un técnico, que nos explicaron "in situ" os aspectos xeolóxicos, tecnolóxicos e económicos da explotación. Tamén nos falaron sobre todas as aplicacións tecnolóxicas e usos industrais do mineral explotado (cuarzo, ou seixo no patrimonial en galego), que é un dos de maior calidade en grao de pureza en Europa.

Álbum: Sen categoría -> Visita ao Pico Sacro e á mina de cuarzo “Serrabal-RAMSA”

VIAXE ÁS MEDULAS CO ALUMNADO DE 1º E 2º DE BACHARELATO

O 15 de xuño despedimos ao alumnado de 2º de Bacharelato con unha viaxe ás Médulas á que se sumaron o alumnado de 1º de Bacharato que  non quería deixar sós aos seus compañeiros que van a comezar unha nova etapa na súa vida.

Comezaron subindo ao mirador de Orellán, custoulles ( como lles custou chegar ao final do curso) pero ao final o esforzo valeu a pena, nos dous casos. Puideron cotemplar dende alí unha marabillosa vista panorámica da antiga mina de ouro. Despois deixaron o seu traxe de alumnos para poñerse o casco de mineiro e visitar a galería para disfrutar doutra perspectiva da mina.

Pola tarde, unha vez que recobraron as forzas cunha lixeira comida, adentráronse no entorno das Médulas para finalizar admirando a grandiosa pegada que deixaron os romanos e a súa asombrosa inxeñería.

 

ASISTENCIA A UNHA MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC

O pasado venres 4 de marzo de 2023 un grupo formado por dous alumnos de 2º de Bacharelato e o seu profe de Física tivo a oportunidade de asistir a unha masterclass sobre física de partículas que está organizada e coordinada polo IGFAE (instituto galego de física de altas enerxías). A xornada desenvolveuse na Facultade de matemáticas e nela participaron diversos institutos de Galiza, e ao mesmo tempo, noutros puntos do mundo outros alumnos de outros países, realizaron actividades semellantes. Na última parte da xornada houbo unha videoconferencia na que participaron  persoal científico do CERN e o alumnado antes mencionado. Mediante esta vídeoconferencia puxéronse en común as experiencias e coñecementos adquiridos durante a xornada.

Charla Iniciativa 11F: E AGORA, QUE FACEMOS COS BOSQUES?


O 11 de marzo estivo no noso centro a conferenciante: Nieves del Pilar Vidal González é Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Científica Titular do CSIC dende o ano 2009, onde desenvolve a súa labor INVESTIGADORA no Departamento de Fisioloxía Vexetal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia dende 1991.

Liñas de investigación: Experta en propagación de especies vexetais leñosas (castiñeiros, carballos, sobreiras….). mediante xemas axilares e embrións somáticos. Cuantificación de hormonas vexetais e biotecnoloxía de estas especies arbóreas, no ámbito de investigación das PLANTAS TRANSXÉNICAS: Transformación xenética de carballo e sobreira. Recuperación de frutais autóctonos por cultivo in vitro. Cultivo de castaño, carballo, sobreira e vimbio en biorreactores. Cultivo en condiciones fotoautotróficas. Aclimatación.

Está hoxe con nós por que participa de forma ACTIVA na “Iniciativa 11-F”, colectivo que está a desenvolver MULTITUDE DE ACTIVIDADES e ELABORA materiais divulgativos para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebra o día 11 de Febreiro de cada ano desde a súa proclamación en 2015 por parte da Asemblea Nacional das Nacións Unidas. Conmemórase este ano a quinta edición da Iniciativa.

Tamén nos falará sobre a súa experiencia e traxectoria como MULLER INVESTIGADORA e das razóns polas que resulta imprescindible conmemorar este día internacional e DIVULGAR entre a sociedade o papel e situación actual das NENAS E MULLERES nos distintos ámbitos da Ciencia e a Investigación.

Álbum: Curso 20/21 -> E agora que facemos cos bosques

Charla: "A Pandemia de COVID19: ¿Que aprendemos? ¿Que nos agarda?"

O 14 de xaneiro de 2021 o alumnado de 1º e 2º de bacharelato puido desfrutar dunha charla  sobre a pandemia da COVID-19 impartida polo Dr. Juan Gestal, Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, vinculado á docencia universitaria desde 1970.

Forma parte do Comité Educativo, máximo órgano asesor da Xunta no Ámbito Docente ante a COVID-19, que traballa de maneira coordinada co Comité Clinico.

 E tamén un gran divulgador dos seus coñecementos, e impartiú a conferencia:

"A pandemia de covid-19: ¿Que aprendemos? ¿Que nos agarda?" (Programa A Ponte - USC),

Podes ver a conferencia gravada premendo aquí.

Charla Iniciativa 11F: "Cambiando o mundo a través da tecnoloxía". (Curso 2019-20)

Descripción: CHARLA INICIATIVA11F: "Cambiando o mundo a través da tecnoloxía". Ponente: Cristina Sánchez Barreiro.

Data/Horas: Mércores 19/02/2020  Horario de 12:00 a 12:50.

Cursos afectados: 1º Bacharelato.

Nº alumnado: Todos.

Organización: Departamento de Ciencias Naturais.

Lugar: Sala de conferencias.

Visita didáctica á MINA DE CUARZO NO PICO SACRO EN BOQUEIXÓN

Descripción: Visita á mina de cuarzo no Pico Sacro en Boqueixón.

Data/Horas: Mércores 15 de xaneiro de 2020 de 09:00 a 14:30 horas.

Cursos: 2º curso de bacharelato A, B e C.

Nº Alumnado: 17 

Organización: Departamento de Ciencias Naturais.

Lugar: Boqueixón.

 

Charla: "Vacinas para o cancro"

O martes 22 de marzo o alumnado de Bioloxía de 2º de BAC asistiu á charla VACINAS CONTRA O CANCRO, por Óscar Cordero Santamaría, no marco do Programa A Ponte da USC.

Oscar Cordero é Doutor Doctor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese: Actividad inmunológica de protimosina [alfa] en células mononucleares de sangre humana (1993).

Asistiú á conferencia o alumnado de 1º BAC e 2º BAC matriculado nas materias do Departamento de Ciencias Naturais.

CONSULTA PARA PARTICIPAR NUN ESTUDO SOBRE PERCEPCIÓN AMBIENTAL (FASE 1: REALIZACIÓN DE CUESTIONARIO/ENQUISA)

Descripción xeral: O alumnado de 1º de BAC asistiu o día 19 de Febreiro ao salón de actos a actividade realización de cuestionario/enquisa. O acto comezou ás 17.30 e rematou ás 18:00 horas.

Descripción do acto: Elementos transversais e educación en valores: EDUCACIÓN AMBIENTAL. Toma de conciencia e análise crítica sobre os grandes problemas ambientais a escala global: quentamento global, deforestación, perda de boidiversidade, xestión enerxética etc.

Data e hora: 19 de Febreiro de 17:30 a 18:00 horas.

Cursos: 1º de BAC

Nº de alumnos: 27

Organización: Departamento de Orientación e Departamento de Ciencias Naturais. Colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da USC: realización dunha enquisa/cuestionario por persoal do grupo de investigación en Padagoxía Social e Educación Ambiental SEPA -interea (www.sepa_interea.gal)

Lugar : Salón de actos

Profesorado: Xosé Palacio Perulero, Ana María Varela Cordeiro

"O ADN e a xenética forense", conferencia polo Prof. Ángel Carracedo Álvarez (Instituto de Ciencias Forenses da USC)

Data: 27 Novembro, 2018

Hora: 10:00 - 12:30

Nº Alumnado: 26

Cursos: 1º Bacharelato B, C; 2º Bacharelato C

Organización: Departamento de Bioloxía e Departamento de Orientación

Lugar: Auditorio 2 - Ed. CINC. Cidade da Cultura

Descrición: O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu o pasado 27 de novembro á conferencia "O ADN e a xenética forense" impartida polo Profesor Ángel Carracedo Álvarez no Auditorio 2 da Cidade da Cultura. A actividade comezou ás 10:00 e rematou ás 12:30, e estivo organizada por Rosa Blanco Veiga do departamento de Bioloxía e o departamento de Orientación.

Charla Iniciativa 11F: Yo quiero ser Científica! (Curso 2018-19)

O 26 de febreiro de 2019 asistimos á charla Yo quiero ser Científica! impartida por pola Dra. Jannette Rodríguez Pallarés.

Está hoxe con nós por que participa de forma ACTIVA na “Iniciativa 11-F”, colectivo que está a desenvolver multitude de actividades e elabora materiais divulgativos para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebra o día 11 de Febreiro de cada ano desde a súa proclamación en 2015 por parte da Asemblea Nacional das Nacións Unidas.

Dra. Jannette Rodríguez Pallarés:

  • É Profesora Titular do Departamento de Ciencias Morfolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Desenvolve o seu traballo como INVESTIGADORA no CiMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) da USC.
Álbum: Sen categoría -> Iniciativa 11F: Yo quiero ser Científica!

CURSO 2011-2012. VISITA DO ISSGA

Visita do ISSGA ao 2º curso do ciclo superior de Desenvolvemento e Aplicación de Proxectos de Construción. +info

Entrevista a Alberto Chan

Entrevista a Alberto Chan en La Voz de Galicia despois da conferencia que impoartiu no noso centro.

Powered by Drupal - Design by artinet