YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

 alt=

 

Edificación e obra civil

PROFESORADO CURSO 2023-2024

EOC 1 Brañas rodríguez,José María  
2 Castroagudín Melón, Ramón  
3 Domínguez Laíño, Ana  
4 Fernández González,Armando   
5 Iglesias Santomé, Enrique  
6 Martínez Bonet, María Josep  
7 Méndez-Benegassi Gamallo, Noemí  X.D.
8 Noya López, Jesús  
9 Otero López, Francisco  
10 Pena Rey, Antonio  
11 Prieto Ramos, María Jesús  
12 Romero Vázquez,Luis Miguel.  
13 Suárez Míguez, Fernando  
14 Sumay Rey, José Antonio  

VISITA ALUMNADO DE EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL A S EXPOSICIÓNS DA CASA DO CABILDO E O MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

                                                                                                                 O pasado mércores 10 de xaneiro co alumnado de PRO1 e o xoves 11 de xaneiro co alumnado de PRE1 e PRE2, realizamos a visita ás exposicións da Casa do cabildo e do Museo das Peregrinacións  situados na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

A exposición "Santiago proxectado, arquitecturas non construidas" da Casa do Cabildo,  reúne unha serie de proxectos urbanísticos e arquitectónicos xestados ao longo da historia da cidade e que por diversas circunstancias non chegaron ao seu fin e permanecen no descoñecemento ou no esquecemento. A exposición analiza un total de catorce proxectos que puideron supoñer unha enorme mudanza na configuración urbanística da Compostela que hoxe en día coñecemos. Algunhas destas propostas foron redactadas por grandes mestres da arquitectura do talle de Rafael Moneo, Álvaro Siza, Norman Foster, Antonio Palacios ou Alejandro de la Sota, entre outros. 

O Museo das peregrinacións , tiña dous exposicións temporais , unha de fotografías do Camiño de Santiago " Acollida e hospitalidadee no camiño de Santiago" e outra de acuarelas e debuxos de distintas mulleres artistas sobre o Camiño "Peregrinas Ilustradas" además das dos exposicións temporais acolle  de forma permanennte unha visión do nacemento e evolución da cidade de Santiago de Compostela e en especial do fenómeno da peregrinación, en canto xerador da urbe.

PUBLICACIÓN DO TRÍPTICO DOS CICLOS DE EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL

Realizamos este tríptico que resume a oferta formativa dos nosos ciclos superiores de Proxectos de Edificación e de Proxectos de Obra Civil.

ACTIVIDADE DE APOIO AO POBO UCRAÍNO

 -Coñezo un planeta onde vive un señor moi colorado. Nunca cheirou o recendo
dunha flor, nunca mirou a unha estrela e xamais quixo a ninguén. 
Na súa vida fixo outra cousa que non fosen sumas. E pasa o día repetindo coma
ti: «¡Eu son un home serio, eu son un home serio...!» Parece que isto infla o seu
orgullo. Pero iso non é un home, iso é un cogordo.

-¿Un que?
-¡Un cogordo!
O principiño estaba pálido de cólera.
-Hai millóns de anos que as flores fabrican espiñas. Hai tamén millóns de anos
que os años, a pesar disto, comen as flores. ¿E paréceche pouco serio
tratar de comprender por que as flores levan o traballo de fabricar unhas espiñas
que non lles serven para nada? ¿É que non che parece importante entón a guerra
dos años e das flores? ¿Non é isto moito máis serio e

importante que as sumas dun señor groso e vermello? E se eu che digo que
coñezo unha flor única no mundo, que non a hai en ningún outro sitio máis
que no meu planeta e que calquera mañá pode ser aniquilada para sempre por
un año que nin sabería sequera o que facía, ¿tampouco che parece importante?
O principiño púxose vermello e seguiu dicindo:
-Se alguén ama a unha flor da que soamente existe un único exemplar en
millóns de estrelas, abonda con isto para se sentir ditoso ó contemplalas. Pode
decir: «A miña flor está alá, nalgunha parte...» Pero se o año come a flor, para el
é como se de repente se apagasen tódalas estrelas. ¿É que isto non é
importante?
Non puido falar máis e estralou en saloucos. A noite caera xa. Eu deixara as
ferramentas e importábanme pouco o meu martelo, o perno, a sede e a morte.
Sobre unha estrela, sobre un planeta, o meu, a Terra, había un principiño a
quen consolar. Collino nos meus brazos e arroleino dicíndolle: «A flor que ti
amas non corre perigo... Heiche debuxar un bozo para o teu año e unha
armadura para a túa flor e...» Non sabía que outra cousa lle podía dicir,
sentíame desmañado e tampouco sabía como consolalo ou como atopar algo
que lle devolvese a confianza en min. ¡É tan misterioso o país das bágoas!

Fragmento de "O Principiño" Antoine de Saint-Exupery.

Visita didáctica alumnado PRE1 e PRE2.

O venres 17 de decembro do 2021 o alumnado de proxectos de edificación do IES  As  Fontiñas, realizou unha visita guiada á planta de biomasa urbana de Silleda e ao poboado mineiro de Fontao situado no concello de Vila de Cruces.

 

Entrevista coa Xefa do Departamento de Edificación e Obra Civil.

Entrevista en La Voz de Galicia á Xefa do departamento de Edificación e Obra Civil na que fai un repaso so acontecido nas V Xornadas de EOC que se celebraron no noso centro os días 20 e 21 de marzo.

Pincha aquí

V XORNADAS TÉCNICAS EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL

Cartaz_V_XornadasEOC

 

As V Xornadas de Edificación e Obra Civil que se celebrarán no IES As Fontiñas o días 20 e 21 de marzo co lema "O futuro da construción. A construción do futuro" pretenden presentar novidades e liñas de traballo no sector da edificación e obra civil.

A entrada é libre pero por cuestións de aforo requírese inscrición.

 

Programa das Xornadas de Edificación e Obra Civil

INSCRICIÓN

 

 

 

 

 

 

Evento: Xornadas Técnicas

 

No IES As Fontiñas os días 5 e 6 de maio de 2015 tiveron lugar as II Xornadas Técnicas de Edificación e Obra Civil.

Benvidos ao Departamento de Edificación e Obra Civil

Benvida ao Departamento de Edificación e Obra Civil

Powered by Drupal - Design by artinet