Orientación
ABAU (instrucións)
Achéganase catro arquivos adxuntos:
Atención á diversidade
MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
NORMATIVA:
- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación
- Plan Xeral de Atención á Diversidade
- Lei orgánica 8/20013 do 9 de decembro para a mellora da calidade educativa.
Entendemos por diversidade as diferenzas que presenta o alumnado ante a aprendizaxes escolares, diferenzas en canto: aptitudes, intereses, motivacións, capacidades, ritmos de maduración, estilos de aprendizaxe, experiencias e coñecementos previos, contornos sociais e culturais… Estes aspectos conforman tipoloxías e perfís no alumnado que deben determinar, en gran medida, a planificación e acción educativa.
Dentro desta diversidade xeral, pode que algún alumnado precise dunha atención diferente á ordinaria:
è
Por presentar n.e.e.( necesidades educativas específicas), é o alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo dela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta).
è
Por presentar dificultades de aprendizaxe.
è
Por as súas altas capacidades intelectuais.
è
Por terse incorporado tardiamente ao sistema educativo.
è
Por condicións persoais e de historia escolar.
è
Por TDAH
Para todos eles, unha vez identificadas as necesidades específicas, será preciso ir adaptando as respostas educativas dende as programacións xerais e as programacións de aula, ata aquelas outras propostas que modifiquen mais ou menos significativa mente a proposta curricular, podendo chegar a requirir propostas organizativas diferenciadas e recursos persoais de apoio máis ou menos especificados, sempre dende os principios de normalización e inclusión, é por iso, que priorizaremos as medidas ordinarias e soamente despois consideraremos as medidas extraordinarias, cando se valore e xustifique a súa necesidade.
MEDIDAS A SEGUIR:
Identificación e valoración de necesidades: A identificación das necesidades educativas do alumnado, a súa valoración e a resposta educativa constitúen procesos necesarios para adecuar as medidas e recursos educativos á diversidade. Todo isto farase a través dos seguintes mecanismos:
Na avaliación inicial realizada ao comezo de curso.
Nas xuntas de avaliación de cada trimestre.
Ao finalizar cada curso avaliarase o proceso educativo de cada alumno/a. Informe final de avaliación.
En momentos puntuais ao longo do curso, segundo as necesidades detectadas.
En canto a valoración das necesidades, con respecto ao alumnado:
Dificultades no desenvolvemento e afianzamento das técnicas instrumentais básicas: dificultades para extraer as ideas principais dun texto, para expresar tanto por escrito como a nivel oral, dificultades de razoamento e lóxica así como no cálculo mental.
Non adquisición de hábitos de traballo.
Deficiente organización do traballo persoal: calendario, horario diario de estudo, axenda..
Emprego dun método de estudo memorístico. Non teñen adquiridas as técnicas de traballo( lectura comprensiva, subliñado, resumo, esquema..).
Dificultades de atención.
En canto aos pais/nais:
Necesidade se supervisión dos hábitos de estudo e de organización.
Colaboración co centro para apoiar o traballo desenvolvido polos docentes.
Maior comunicación co centro educativo.
Con respecto as necesidades en relación ao profesorado:
Necesidade de coordinación do equipo de profesores/as e coa orientadora.( profesora de PT.)
Descripción das actuacións, medidas e/ou programas para atención a diversidade, en relación ás MEDIDAS ORDINARIAS: afectan a elementos non prescriptivos do currículo: Metodoloxía, secuencia dos contidos, formas de avaliar, organización da aula, agrupamentos. Non necesita autorización. Desenvolverase no contexto escolar ordinario, polo profesor/a da área, reflectirase no expediente, farase constar no informe ás familias.
u
Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado:
u
Os agrupamentos, a confección de grupos e horarios estableceranse de acordo cos principios de: normalización e inclusión, igualdade de oportunidades e non discriminación, flexibilidade, interculturalidade e promoción da convivencia.
u
Adecuación das programacións didácticas ao contorno do alumnado:
u
No mes de setembro os xefes/as dos departamentos didácticos concretarán nas correspondentes programacións didácticas os elementos establecidos segundo a normativa vixente. Así mesmo, cada profesor/a, dende a súa materia, adaptará a programación didáctica do seu departamento a cada grupo de alumnos/as en particular, unha vez realizada a avaliación inicial dos diferentes grupos, en:
Obxectivos e contidos:
- Adecuar os obxectivos ás peculiaridades da aula e do alumnado do grupo-clase.
- Precisar cales son os obxectivos e contidos mínimos de cada unidade didáctica.
- Seleccionar e priorizar aqueles contidos que sexan funcionais para o alumnado.
- Establecer secuencias de contidos que aseguren aprendizaxes básicos para todos/as e coñecementos de maior complexidade para os que así o necesiten.
Metodoloxía:
- Pódense establecer diferentes tipos de agrupamentos dentro da aula para atender á diversidade:
- Traballo en pequeno grupo para favorecer a relación entre o alumnado, a cooperación e a colaboración. A través desta proposta de traballo buscarase aproveitar as habilidades de cada un para o traballo en común.
- Titorización nalgunhas actividades por un compañeiro/a da aula (aprendizaxe entre iguais).
- Traballo individualizado profesor/a-alumno/a en momentos moi determinados e breve que favorecerán a seguridade do alumno/a.
Actividades:
- Diferentes actividades para cada contido.
- Actividades secuenciadas segundo a súa dificultade, cada alumno/a vai realizando unha determinada actividade e, unha vez superada, pasa ás de seguinte nivel.
- Existencia de actividades de libre elección.
- Actividades de reforzo: para todo o grupo como repaso ou para alumnado con dificultades de aprendizaxe, alumnado repetidor, etc.
- Actividades de ampliación para alumnos/as avantaxados.
Avaliación:
- Realizar unha avaliación inicial.
- Seleccionar técnicas e instrumentos de avaliación variados.
- Diversidade nos criterios de cualificación (non de avaliación): traballos da aula, actitude, asistencia, notas das diferentes probas, exames…
ALGUNHAS PAUTAS PARA A MODIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:
1.
Dar as datas dos exames polo menos cunha semana de antelación.
2.
Combinar diferentes formatos de pregunta nunha mesma proba: completar esquemas, verdadeiro/falso, frases para completar etc.
3.
Traballar, antes da proba, con mostras do formato do exame.
4.
Realizar exames curtos e frecuentes.
5.
Verificar que o alumnado entende as preguntas.
6.
Dar máis tempo para a realización das probas escritas.
7.
Facer probas orais ademais das escritas.
8.
Cualificar tamén as intervencións orais que ten o alumno/a na clase, as veces observamos a un alumno que cando intervén na clase faino ben, pero no exame non demostra o que sabe.
9.
Reducir o número de preguntas por folla.
ORIENTACIÓN ACADÉMICA
BLOG ORIENTA 2021-22 :
Qué estudar, Onde estudar, A selectividade, as Bolsas e moita máis información.