YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

 alt=

 

Inglés

Reunión Informativa Erasmus+

08/11/2024 11:30
08/11/2024 11:30
Europe/Madrid

Se tes interés en facer prácticas no curso 25-26 nunha empresa europea, o programa Erasmus che interesa!

Se queres facer FCT ou prácticas coma recén graduadx e practicar outro idioma, ven este venres 8 á aula 319 no teu recreo.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS NO CURSO 2024-2025

O Departamento de Inglés no curso 2024-2025 está composto por:

- Inés Pascual Roy (coordinadora Erasmus)

- Manuel Rodís Martínez (Xefe de Departamento

- Joshua Rúa Martínez

- María Elena Sánchez García

- Inés Verán Pais

Becas Acreditación B1-C1

Lamentablemente, este ano só nos concederon 6 becas para 2º de bacharelato.

Podedes ver o baremo nesta ligazón.

Convócase as persoas seleccionadas (en amarelo) a unha reunión informativa o vindeiro martes 16 ás 11:30 no departamento de inglés.

 

Charla Erasmus+ 14/11/23

14/11/2023 11:30
14/11/2023 12:20
Europe/Madrid

Charla Erasmus+ 14/11/23

Coma cada ano, a coordinación Erasmus convida a todo o alumnado de FP de Grao Superior á charla informativa sobre as mobilidades que ofrece este programa.

Terá lugar o vindeiro xoves 14 durante os recreos (a mesma charla se repetirá no segundo recreo para que poidades vir tod@s).

Animádevos!!!

BAREMACIÓN ERASMUS+

27/10/2023
Europe/Madrid

Logo de ser aprobado polo Consello Escolar, publícase o baremo e a baremación das candidaturas recibidas na convocatoria 2023.

Podedes consultar ambos documentos no apartado "Documentación" da sección Erasmus que veredes á dereita desta páxina.

Maio '23 Visita a Irlanda

27/10/2023
Europe/Madrid

En maio do 2023 as profesoras Noemí Méndez-Benegassi (Xefa do Dept. de Edificación e Obra Civil) e Inés Pascual Roy (Coordinadora Erasmus e Xefa do Dept de Inglés) fixeron un percorrido polas cidades máis significativas da República Irlandesa coa doble finalidade de atopar empresas onde o noso alumnado poda facer prácticas e visitar á nosa empresa de referencia en Galway, Atlantic Languages, que como case cada ano, acolleu unha mobilidade Erasmus+.

Coma resultado da viaxe, acordamos colaboracións con unha empresa de Dundalk, dúas de Galway e dúas de Cork.

BACHARELATO

 

SELECTIVIDADE:

Enlace á páxina da CIUGA, onde atoparás toda a información necesaria relativa á proba de selectividade.

INFORMACIÓN

PROGRAMACIÓNS CURSO 22-23:

 

1 BAC

 

 2 BAC

 

PROBA LIBRE CICLO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA

 

PROBA LIBRE CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

 

PROBA LIBRE CICLO SUPERIOR DE ASISTENICA A DIRECCIÓ

 

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO: Alba Iglesias Vázquez, Inés Pascual Roy e María Alejandra Vázquez López (Xefa do departamento).

NOVOS RECURSOS PARA A APRENDIZAXE DE INGLÉS:

  • MyGrammarLab da Editorial Pearson-Longman: método con libro e recursos en internet e para o móbil. Está centrado na gramática ao tempo que estudas e usas campos semánticos diversos (o vocabulario é variado). Preséntase en varios niveis.
  • BurlingtonEnglish da editorial Burlington: método que está centrado no ensino de inglés para fins específicos, como é o caso da FP, pero tamén inclúe unha parte xeral. Usarás uns auriculares (incluídos no paquete) e conexión a internet (onde se ubica o completo curso).

CURSO DE IDIOMAS: www.eurocatering.orgNa súa elaboración participaron Margarita Viz Blanco e 2 profesoras máis do IES As Fontiñas (Asunción Acosta e Monterrat Fernández). Recibimos un 2º premio nacional Selo Europeo das Linguas por este traballo. O proxecto ven de recibir o premio "European Label of Labels" (máximo galardón europeo para proxectos de linguas) 

EXAMES B1(PET): A USC esixe que demostres ter un nivel B1 de idioma estranxeiro antes de rematar un grao universitario. Se queres acreditar este nivel, unha opción é facer o examen denominado PET (Preliminary English Test). Preme no enlace para ver máis información sobre o examen: PET

AULA VIRTUAL:O alumnado de Ciclo Superior de Administración e Finanzas (réxime de adultos) e Ciclo Medio de Xestión Administrativa (réxime de adultos)  e de Bacharelato dispoñen de cursos na aula virtual, que son un complemento das clases presenciais. Xa contamos tamén cunha sección de reforzo de inglés, con enderezos de internet e actividades centradas principalmente no bacharelato e os ciclos de Xestión administrativa e Asistencia á Dirección. Busca o enlace na parte superior da páxina Web.

 

N

Powered by Drupal - Design by artinet