Novas
Reunión Informativa Erasmus+
Se tes interés en facer prácticas no curso 25-26 nunha empresa europea, o programa Erasmus che interesa!
Se queres facer FCT ou prácticas coma recén graduadx e practicar outro idioma, ven este venres 8 á aula 319 no teu recreo.
RESOLTA A BAREMACIÓN ERASMUS
Podedes acceder á resolución dende a sección Erasmus+ da Aula Virtual (na parte superior dereita desta páxina). Aí atoparedes tamén o baremo segundo o cal se asignaron as puntuacións.
Queda aberto un prazo de 3 días para posibles reclamacións.
Este ano temos 4 prazas concedidas, polo que podemos facer coma mínimo catro mobilidades. En función da dotación económica que corresponda a cada unha (dependendo de se tedes ou non beca, o país, a duración, etc.) ao mellor poderíamos organizar unha quinta mobilidade.
Por este motivo é IMPRESCINDIBLE que as persoas seleccionadas (en azul neste documento) contacte coa coordinadora Erasmus ao longo desta semana.
As persoas en lista de agarda tamén deberán estar atentas por se hai baixas e, no caso de querer facer unha MOBILIDADE SEN BECA, notificalo tamén ao longo desta semana.
Charla Erasmus+ 14/11/23
Charla Erasmus+ 14/11/23
Coma cada ano, a coordinación Erasmus convida a todo o alumnado de FP de Grao Superior á charla informativa sobre as mobilidades que ofrece este programa.
Terá lugar o vindeiro xoves 14 durante os recreos (a mesma charla se repetirá no segundo recreo para que poidades vir tod@s).
Animádevos!!!
BAREMACIÓN ERASMUS+
Logo de ser aprobado polo Consello Escolar, publícase o baremo e a baremación das candidaturas recibidas na convocatoria 2023.
Podedes consultar ambos documentos no apartado "Documentación" da sección Erasmus que veredes á dereita desta páxina.
Maio '23 Visita a Irlanda
En maio do 2023 as profesoras Noemí Méndez-Benegassi (Xefa do Dept. de Edificación e Obra Civil) e Inés Pascual Roy (Coordinadora Erasmus e Xefa do Dept de Inglés) fixeron un percorrido polas cidades máis significativas da República Irlandesa coa doble finalidade de atopar empresas onde o noso alumnado poda facer prácticas e visitar á nosa empresa de referencia en Galway, Atlantic Languages, que como case cada ano, acolleu unha mobilidade Erasmus+.
Coma resultado da viaxe, acordamos colaboracións con unha empresa de Dundalk, dúas de Galway e dúas de Cork.
TRES PROFESORAS ITALIANAS VISITARON O NOSO CENTRO DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+
Durante a pasada semana tivemos a sorte de recibir, dentro do programa Erasmus+, a tres profesoras do Istituto d’Istruzione Superiore Marconi Guarasci, Calabria (Italia). Cinzia, Gracia e Leandra viñeron para facer un jobshadowing (aprendizaxe por observación) das materias relacionadas coa súa especialidade: inglés, economía, FOL, Empresa e iniciativa emprendedora e matemáticas.
Foi unha bonita ocasión para ver outras formas de traballar e pensar e, deste xeito, expandir horizontes mesmo sen movernos da nosa casa. Moitas grazas a todo o profesorado que o fixo posible!
Tamén puideron desfrutar da cidade e a aprendizaxe in situ durante a excursión de primeiro de Bacharelato ao centro cultural Maruxa e Coralia, Teatro Principal e Museo do Pobo Galego.
VISITA DO PROFESORADO DO INSTITUTO DE SECUNDARIA NICOLÁS COPERNICO DE BYALISTOK (POLONIA)
No día de hoxe tivemos a visita do profesorado do Instituto de Secundaria Nicolás Copérnico de Bialystok (POLONIA) dentro do programa ERASMUS +.
Un agradable encontro que serviu para compartir experiencias e coñecer o funcionamento da educación secundaria e FP en Polonia.
Witamy w IES As Fontiñas!