TRES PROFESORAS ITALIANAS VISITARON O NOSO CENTRO DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+

Durante a pasada semana tivemos a sorte de recibir, dentro do programa Erasmus+, a tres profesoras do Istituto d’Istruzione Superiore Marconi Guarasci, Calabria (Italia). Cinzia, Gracia e Leandra viñeron para facer un jobshadowing (aprendizaxe por observación) das materias relacionadas coa súa especialidade: inglés, economía, FOL, Empresa e iniciativa emprendedora e matemáticas.

Foi unha bonita ocasión para ver outras formas de traballar e pensar e, deste xeito, expandir horizontes mesmo sen movernos da nosa casa. Moitas grazas a todo o profesorado que o fixo posible!

Tamén puideron desfrutar da cidade e a aprendizaxe in situ durante a excursión de primeiro de Bacharelato ao centro cultural Maruxa e Coralia, Teatro Principal e Museo do Pobo Galego.

Powered by Drupal - Design by artinet