FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO EN LUGO

O día 6 de marzo, unha vez máis, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de  Humanidades asistiu  as representacións teatrais co gallo do FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO que se celebrou en Lugo. Tiveron o pracer de ver duas obras: pola mañá unha traxedia grega "As troianas" do traxediógrafo Eurípides. Nesta obra comprobaron a dor que sentiron e, por desgracia, aínda senten as mulleres que son vítimas das guerras feitas polos homes e que son convertidas en escravas deles e levadas lonxe dos seus fogares.

Pola tarde, o tema mudou por completo, xa que asistiron a unha representación da comedia "Cásina" do autor latino Plauto. Onde o papel da muller seguía sendo o de non ser a dona da súa existencia e estar a disposición dos homes.

Pero o máis importante foi ver que hai máis alumnado que sinte o pracer de estudar Latín e Grego e que estas materias serven para entender que moitas facetas da humanidade non cambian, xa o decían os clásicos: NIHIL NOVUM SUB SOLE.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet