O 7 de marzo de 2023 estivo connosco Francisco Omil Prieto, Catedrático do Departamento de Enxeñaría Química da USC para impartir a Charla Temática do programa “A Ponte” da Universidade de Santiago: "Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental en Galicia".
O conferenciante exerce o seu labor docente na Escuela Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago e desenvolve as súas investigacións no Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnologías Ambientales (CRETUS), como integrante do grupo de investigación de Biotecnoloxía Ambiental.
Á charla asistiú o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e CA (1º BAC), o de Bioloxía 2º BAC e o de Ciencias da Terra e MA de 2º BAC.
O profesor levou a cabo una completa presentación sobre a situación da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental no ámbito de Galicia, destacando o papel da formación universitaria, un dos centros de interese para o alumnado presente na charla.
Francisco Omil explicou os tipos de Biotecnoloxía, relacionando os mesmos cos estudos universitarios e o amplo abano de posibilidades do alumnado á hora de tomar decisións no referente á orientación-formación profesional. A presentación contaba con imaxes moi ilustrativas do tema que o catedrático estaba a expoñer. Algunhas facían referencia a episodios históricos, outras a personaxes destacados no ámbito da investigación en Galicia.
En nome de toda a comunidade educativa do IES As Fontiñas, agradecémos a Francisco Omil a súa visita ao centro, que nos permitiú disfrutar de esta interesantísima conferencia.