Eleccións Consello Escolar 2024-25: Calendario
Consulta na seguinte ligazón o documento PDF co: Calendario do proceso electoral do Consello Escolar
Eleccións Consello Escolar 2024-25: Constitución Xunta Electoral
As eleccións dos representantes no Consello Escolar, realizaranse entre o 18 e o 22 de novembro.
Para comezar co proceso, o 25 de outubro ás 11:30 celebrarase o sorte público nos despachos da dirección do centro para constitutir a Xunta Electoral. Neste sorteo escollerase a unha persoa titular e suplentes de cada colectivo (docentes, pais/nais/titores, persoal de administración e servizos e alumnado).
Adicionalmente, os membros da comunidade educativa que desexen presentar candidatura para formar parte do Consello Escolar deberán seguir as instrucción que figurarán nas convocatorias e mensaxes que se vain publicando nos próximos días.
Documento de convocatoria para a constitución da Xunta electoral
OFERTA EDUCATIVA 24-25
Réxime Ordinario
- Bacharelato
- Modalidade de Humanidades e CCSS
- Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía
- Modalidade de Bacharelato Xeral
- Ciclos Formativos
- Administración e Xestión
- 1º e 2º cursos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa
- 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas
- 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección
- 1º e 2º cursos de Servizos Administrativos
- Edificación e Obra Civil
- 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Proxectos de Obra Civil
- 1º e 2º cursos do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación
- FP Dual intensiva - Ciclo Medio de Escavacións e Sondaxes
- Administración e Xestión
Réxime das Persoas Adultas (Oferta Modular Distancia)
- Ciclos Formativos
- Administración
- Todos os módulos de 1º e 2º curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa
- Todos os módulos de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas
- Todos os módulos de 2º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección
- Edificación e Obra Civil
- Todos os módulos de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación
- Administración
“APRENDER A EMPRENDER” UPTA (Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos) AGTAMAR (Asociación Galega de Traballadores Autóno
Destinatarios: 1º A_BAC e 1º PRE
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) e a Asociación Galega de Traballadores Autóno (AGTAMAR) conscientes de que moitos dos actuais alumnos de bacharelato e formación profesional son futuros autónomos, consideran relevante informar acerca das posibilidades que ofrece o autoemprego, coa intención de fomentar un emprendemento de calidade, contribuíndo así a crear emprego na nosa comunidade.
Na xornada entregouse ao alumnado participante material informativo de emprendemento.
Graduación 2º bacharelato curso 2023/2024
O pasado venres, 7 de Xuño, despedimos no IES As Fontiñas a unha nova promoción de Bacharelato. Ao acto asistiron as familias do alumnado e o profesorado do centro.
Parabéns ás rapazas e rapaces que remataron esta etapa e moita sorte nesta nova andaina.
CALENDARIO DE EXAMES EXTRAORDINARIOS BACHARELATO
CALENDARIO DE EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BACHARELATO
Recollida de cabichas con Adega
Durante a mañá do martes 7 de Maio, o alumnado de FpbI realizaron una saída coa asociación ecoloxista Adega, durante a que realizaron un roteiro na contorna do instituto para recoller cabichas e outros restos plásticos.
No noso compromiso por fomentar a conciencia ambiental e a responsabilidade cidadá, os departamentos de Ciencias Naturais e Física e química organizaron esta actividade co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia de manter limpo o noso contorno e contribuír á preservación do medio ambiente.
Esta actividade non só buscou limpar a área, senón tamén educar sobre os efectos negativos do tabaco na saúde e no medio ambiente.
Agradecemos a colaboración de todo o alumnado e o compromiso do equipo docente nesta actividade. Xuntos, podemos marcar a diferenza e contribuír a un mundo máis limpo e saudable.
GAZA. Charla-coloquio Ruth Conde Médicos sen Fronteiras
Hoxe tivemos a oportunidade de escoitar de viva voz a recente experiencia de Ruth Conde en Gaza (Palestina) como enfermeira especialista en pediatría e en asistencia sanitaria en zonas de conflito bélico. Foi unha charla didáctica e directa, respetuosa coas víctimas, pero tamén cargada de emotividade, que deixaba traslucir un profundo compromiso co seu traballo. Unha lección de vida...
XORNADA ACOLLEMENTO DE CENTROS ADSCRITOS
O xoves tivemos a ocasión de recibir ao alumando dos centros adscritos CPI Camiño de Santiago e CPI Fonte Díaz. Nesa xornada, ademais da benvida do director, a orientadora e profesorado, fixeron unha visita acompañados polo alumnado de bacharelato que lles falaron das instalacións e as distintas actividades da vida diaria no noso centro. E para rematar un petisco na cafetería! Benvidos rapazada!
CONCENTRACIÓN EN APOIO A PALESTINA
FP DUAL CS Proxectos de Obra Civil
Catro estudantes do segundo curso do FP dual de Proxectos de Obra Civil do IES As Fontiñas empezaron as súas prácticas da FP Dual na sede de Espina & Delfín en Santiago de Compostela.
Durante estes catro meses o alumnado recibirá formación práctica que complementará os estudos que recibiron nas aulas. Entre outros puntos, desenvolverán proxectos urbanísticos e obra civil, confeccionarán orzamentos, xestionarán documentación relativa aos proxectos e realizarán traballos de campo como topografía. En todos os procesos estarán titorizados por persoal de Espina & Delfín.
OS IDUS DE MARZO
O 15 de marzo se commemorou o asasinato de Xulio César, feito que mudou a historia de Roma e, probablemente, do resto do mundo da época. Este ano non fixemos representación teatral se non que fixemos unha exposición de varios libros que falan da figura deste ilustre persoaxe. Tamén recreamos a toga manchada de sangue que probablemente levaba o día do seu asasinato.
PREMIO DO CONCURSO DE R.N.E. "VERBA VOLANT"
O pasado 25 de febreiro a alumna de 1º de Bacharelato de Humanidades, Sara Francos Crego, gañou o concurso "Verba Volant" do programa de R.N.E. "No es un día cualquiera" ao contestar correctamente á pregunta: "Cal e o nome da lagoa que rodea ao Hades?", a resposta era: "A lagoa Estixia". O premio foi o libro "Calamares a la romana" do profesor Emilio del Río.
O ALUMNADO DE BACHARELATO DE LATÍN E GREGO E O FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO
O 29 de febreiro, un ano máis, o alumnado de Bachallerato que curso as materias de Latín e Grego disfrutaron das respresentacións de dúas obras grecolatinas, pola mañá da tragedia "Edipo Rey" do escritor grego Sófocles e, pola tarde da comedia " Os xemelgos" do comediógrafo latino Plauto.
Limpeza praia de Taramancos (Noia) co alumnado de 1ºbacharelato
O pasado luns 11 de Marzo, os alumnos de 1º de bach de ciencias, acompañados polas suas profesoras, tiveron unha xornada de voluntariado medioambiental limpando a praia de Testal en Noia (A Coruña)
Grazas o asociación ecoloxista Adega, foron acompañados e formados en todo o referente á recollida de lixo nas praias. Itziar informounos do proceso de descomposición dos residuos mais frecuentes nas praias, da importancia de reducir o consumo de plásticos e proporcionoulles o material preciso para realizar a recollida de xeito seguro.
Ó final da xornada conseguiron recoller nada mais e nada menos que 142 kg de residuos presentes no areal.
Visita ó Pico Sacro
O pasado 26 de febreiro, as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato matriculados en Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, en Cultura Científica e mais no CMdual de excavacións e sondaxes,visitaron o Pico Sacro no Concello de Boqueixón, guiados polo xeólogo Fran Canosa.
Realizaron un roteiro xeolóxico-didactico no que aprenderon aspectos sobre a orixe xeolóxica de Galiza e a formación do propio Pico Sacro (do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que presenta).
Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.
Previamente, viñeran de realizar no laboratorio do instituto un obradoiro de mineraloxía, no que coas explicacións do xeólogo puideron observar de preto as diferentes propiedades que nos permiten diferenciar os diferentes minerais que nos rodean.
VISITA AO CiQUS DA USC
O venres 27 de Outubro, o alumnado de 2º de Bacharelato matriculado en Bioloxía e en Química visitou o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica y Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago. O CiQUS forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional–Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, que centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais. https://www.usc.es/ciqus/es
Asistimos a unha charla-presentación sobre a rede de centros singulares de investigación no marco do Sistema Universitario de Galicia, as liñas de investigación do CiQUS, os proxectos de en colaboración internacional que desenvolven, os seus programas de atracción de talento e a transferencia de coñecemento aos sectores público e empresarial.
Visitamos varios laboratorios de técnicas instrumentais para presenciar “in situ” como desenvolven a súa actividade e coñecer algúns fundamentos básicos de varias técnicas de análise química e biolóxica: Electroforese, Espectrometría de Masas, Resonancia Magnética Nuclear (NMR) e Microscopía óptica de Fluorescencia (vimos células canceríxenas en división tratadas con fármacos oncolóxicos).
Tamén estivemos no laboratorio do grupo de investigación do profesor Eduardo Fernandez-Megía, onde o seu persoal introduciunos de xeito didáctico nunha das súas liñas de investigación máis punteiras: “Síntese de dendrímeros e nanoestruturas poliméricas para aplicacións biomédicas, administración e diagnóstico de fármacos”.
https://www.usc.es/ciqus/es/grupos/nanobiomol
Por último, un investigador post-doutoral do centro falounos sobre a súa experiencia, os seus inicios, as etapas dunha carreira científica e as vantaxes e desvantaxes de dedicarse á investigación e explicounos o seu traballo actual no CiQUS.
HOXE 30/10/23
REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR A BECA DE ACREDITACIÓN LINGüISTICA B1-C2
PODEDES RECOLLER A SOLICITUDE EN CONSERXERÍA E ENTREGALA A INÉS PASCUAL OU NO SEU CASILLEIRO DA SALA DE PROFES.
BAREMACIÓN ERASMUS+
Logo de ser aprobado polo Consello Escolar, publícase o baremo e a baremación das candidaturas recibidas na convocatoria 2023.
Podedes consultar ambos documentos no apartado "Documentación" da sección Erasmus que veredes á dereita desta páxina.
¡Novas ofertas laborais para alumnos de FP titulados no IES As Fontiñas!
Se eres titulado en FP no IES As Fontiñas, tes novas ofertas laborais. Para poder acceder a elas debes entrar na Bolsa de Traballo desta páxina Web.
Envia un correo a fct@iesasfontinas.net e, despois de comprobar os teus datos, dirémosche cómo facelo.