YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

GRUPO DE LECTURA BABEL: COLOQUIO SOBRE O LIBRO DE ARANTZA PORTABALES, BELEZA VERMELLA.

O pasado 10 de xaneiro, tivo lugar ás 13 horas un coloquio debate na Biblioteca do IES as Fontiñas, sobre o libro de Arantza Portabales, Beleza Vermella.

O Grupo BABEL, despois da lectura da obra, compartiron impresións e fixeron unha  análise de diferentes aspectos presentes na obra da santiaguesa.

Salientaron a boa construción da intriga que guía ao lector a un desenlace sorprendente.

Tamén aborda moitos temas de actualidade: a imaxe das mulleres do relato, as enfermidades mentais e as dificultosas relacións humanas.

Para a próxima cita do Grupo de Lectura BABEL, teremos o honor de contar con outra escritora santiaguesa que traballa no noso centro: Patricia Alonso Janeiro, que acaba de publicar a novela, Rueiro da Cidade Escura.

Álbum: Curso 19/20 -> Libro Beleza Vermella

DOCUMENTAL "TODAS AS MULLERES QUE COÑEZO" (XIANA DO TEIXEIRO) E OBRADOIRO SOBRE AS VIOLENCIAS MACHISTAS E O DISCURSO DO MEDO

Esta actividade organizada pola profesora BEGOÑA BARRAL SÁNCHEZ, coa colaboración da Biblioteca, polo Día Internacional da non Violencia de Xénero, consta de 3 partes:

1. Visionado do documental " Todas as Mulleres que Coñezo" (Xiana do Teixeiro).
2. Taller de reflexión sobre a película.

3. Unha exposición de concepto definidos dende unha perspectiva de igualdade de xénero.

Álbum: Curso 19/20 -> Día da violencia de xénero

ESTANCIA DA PROFESORA MARÍA PARDO FERNÁNDEZ NA E.S. ALEXANDRE HERCULANO EN PORTO (PORTUGAL)

Dona María Pardo Fernández, profesora do departamento de Lingua Galega e Literatura, vén de realizar unha estancia de catro semanas na Escola Secundaria Alexandre Herculano do Porto  (http://www.aealexandreherculano.pt/).

A profesora do noso centro xa realizara con anterioridade outros programas de formación semellantes, con estancias en Lisboa.

Esta estadía forma parte dunha das actividades formativas para o profesorado que anualmente convoca a  Consellería de Educación: o Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALEhttps://www.edu.xunta.gal/portal/linguasestranxeiras/133/244), na súa modalidade 1 [Integración- catro semanas], cuxo obxectivo é fomentar a actualización metodolóxica e a mellora do nivel de competencia lingüística do profesorado participante.

O IES As Fontiñas oferta portugués como 2ª lingua estranxeira dende o ano académico 2017-2018 e ten na actualidade grupos de alumnado nos dous cursos de bacharelato [Segunda Lingua estranxeira I e II: Portugués.].

Álbum: Curso 19/20 -> Piale

EXPOSICIÓN DAS FOTOS DAS CASTAÑAS E CASTIÑEIROS

A profesora encargada da biblioteca, Dona María Luísa Díaz Castro realizou unha exposición de:

  • Fotografías relacionadas coas castañas e os castiñeiros (na que se podía votar á imaxe favorita para expoñela na biblioteca)
  • Ditos, refráns e outras expresións populares
  • Murais realizados polo alumnado sobre os tipos de castañas, as súas características nutritivas, a súa industria asociada, soutos, receitas, postres, tradicións, festas, etc.
Álbum: Curso 19/20 -> Exposición fotos castañas

INAUGURACIÓN DO MURAL DO IES AS FONTIÑAS

O pasado 8 de novembro procedeuse á inauguración do Mural do IES as Fontiñas.

A súa autora, Dona Ana Santiso, impartiu unha charla ao alumnado explicando como foi o proceso de elaboración do mesmo.

Álbum: Curso 19/20 -> Inauguración Mural

Comunicado de pasamento

Temos que comunicar á comunidade educativa do IES As Fontiñas a triste noticia do pasamento de D. Ramón Carballal Pascual que foi profesor do noso centro desde o 1992 ao 2013.
 
D.E.P

I Semana das Lerias Galegas

Descripción: I Semana das Lerias Galegas

Lema: Galego é o teu!

Colaboración: Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Organización: Departamento de Normalización Lingüística

Calendario:

-Luns 20/05/2019: sesión pop-rock -punk dj cuchipanda

-Martes 21/05/2019: sesión electro-rap-trap dj cuchipandísima

-Mércores 22/05/2019: coloquio co mc malvares de moscoso ás 10:40 h, no salón de actos e concerto no recreo pórtico

-Xoves 23/05/2019: pola maña recital co poeta xabi xil e micro aberto no pórtico no recreo e logro obradoiro `galego é o teu`, e pola tarde recital-concerto-espectáculo do dúo de poetas e humoristas aldaolado ás 17:30 no salón de actos e logo acto de graduación de 2º de bacharelato

-Ventes 24/05/2019: soundsystem freestyle micro aberto pra mc´s e improvisación + expo ´galego é o teu´con fotocol e mapa con post-it dos nosos galegos

 

Álbum: Curso 18/19 -> I Semana das Letras Galegas

Fotografía como fonte de información

Descripción: Fotografía como fonte de información

Data/Horas: Luns 6 de maio de 12:00 a 14:30

Cursos: 1º de BAC A, B, C

Nº Alumnado: 21

Relación coa programación: O coñecemento da fotografía como fonte de información histórica e actual contribúe a desenvolver capacidades e técnicas intelectuais propias do pensamento abstracto e formal, tales como a observación, a análise, a interpretación e a capacidade de compresión

Profesorado: Isabel Vidán, Armando Isorna, Leonardo Fdez, Marga Viz, María Gude e Sabela Vázquez

Organización: Programa FICrural do Concello de Santiago e Deputación da Coruña

Lugar: Santiago de Compostela

Álbum: Curso 18/19 -> Fotografía como fonte de información

Linguaxe publicitaria, publicidade ilícita e publicidade no punto de venda

Descripción: Linguaxe publicitaria, publicidade ilícita e publicidade no punto de venda

Data/Horas: 10 de maio de 2019 de 12:50 a 14:30

Cursos: 1ºCSAF

Nº Alumnado: 25

Relación coa programación: Actividade programada no módulo de Comunicación e atención á clientela, dirixida a afondar na análise das ferramentas de comunicación

Organización: Remedios Negreira Noya

Lugar: Escola Galega de Consumo

Resolución de conflictos de consumo

Descripción: Resolución de conflictos de consumo

Datas/Horas: 3 de maio de 2019 de 12:50 a 14:30

Cursos: 1ºCSAF

Nº Alumnado: 25

Relación coa programación: Actividade programada no módulo de Comunicación e atención á clientela, dirixida a afondar na xestión das reclamacións e dereitos do consumidor

Organización: Remedios Negreira Noya

Lugar: Escola Galega de Consumo

Etiquetado xeral

Descripción: Etiquetado xeral

Datas/Horas: 26 de abril de 2019 de 12:30 a 14:30

Cursos: 1º CSAF

Nº Alumnado: 25

Relación coa programación: Actividade programada no módulo Comunicación e atención á clientela, dirixida a afondar na análise das ferramentas de comunicación.

Organización: Remedios Negreira Noya / Mariña Quenlle Cadrado

Lugar: Ecola Galega de Consumo

TALLER PRIMEIROS AUXILIOS

Descripción: Foi un taller de Reanimación Cardiopulmunar no que o alumnado aprendeu os fundamentos básicos do protocolo de reanimación cardiopulmunar (RCP) e practicaron as distintas maniobras. Os alumnos e alumnas aprenderon tamén distintas técnicas de primeiros auxilios para proceder en caso de accidente ou emerxencia.

Data/Horas: Martes 9 de Abril de 12:30 a 14:30 e Xoves 11 de Abril de 12:30 a 14:30

Cursos: AF1, AF(A)

Nº Alumnado: 25

Relacioón coa programación: Esta actividade pertence ao Bloque formativo de Prevención de Riscos Laborais. Axudará a consecución dos seguintes mínimos: 

-Coñeceranse os protocolos de actuación ante situacións de emerxencia.

-Identificaranse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar dun accidente.

Organización: Mariña Quelle Cadrado

Lugar: Sala de Conferencias do Instituto

Álbum: Curso 18/19 -> Taller Primeiros Auxilios

TALLER DE MARISQUEO NA ILLA DE AROUSA

Descripción: Visita ao centro de interpretación da conserva coa concelleira de cultura, actividades coa empresa Piragüillas: taller de marisqueo na praia e volta á illa en bici.

Datas/Horas: Martes 9 de Abril de 2019 de 9:00 a 19:00

Cursos: 2º FP de Servizos Administrativos

Nº Alumnado: 17

Organización: Manuel Moure Beiroa / María Luisa Díaz Castro

Lugar: Illa de Arousa

 

Álbum: Curso 18/19 -> Visita á Illa de Arousa

CALENDARIO DE FIN DE CURSO DE 2º DE BACHARELATO (2018-19) MAIO, XUÑO E XULLO (ALUMNADO)

En arquivo anexo, móstrase o calendario e as instrucións de remate de curso de 2º de bacharelato (2018-19) para o alumnado.

Entrevista coa Xefa do Departamento de Edificación e Obra Civil.

Entrevista en La Voz de Galicia á Xefa do departamento de Edificación e Obra Civil na que fai un repaso so acontecido nas V Xornadas de EOC que se celebraron no noso centro os días 20 e 21 de marzo.

Pincha aquí

CURSO FOTOGRAMETRIA

Nome da actividade: Curso Fotogrametria 

Descripcióno alumnado de proxectos de obra civil acudiu ó Castelo da Rocha para unha demostración do uso dos drons. 

Datas/Horas:

Venres 15/2/2019 9.00-14.30 Venres 22/2/2019 9.00-14.30 Venres 1/3/2019 9.00-14.30 Venres 8/3/20109 9.00-14.30

Cursos: PRO-2

NºAlumnado: 11 alumnos 

Organización: Antonio Pena Rey/ Suso Noya

Lugar: Castelo da Rocha en Santiago de Compostela 

 

Álbum: Curso 18/19 -> Curso de Fotogrametría

CONSULTA PARA PARTICIPAR NUN ESTUDO SOBRE PERCEPCIÓN AMBIENTAL (FASE 1: REALIZACIÓN DE CUESTIONARIO/ENQUISA)

Descripción xeral: O alumnado de 1º de BAC asistiu o día 19 de Febreiro ao salón de actos a actividade realización de cuestionario/enquisa. O acto comezou ás 17.30 e rematou ás 18:00 horas.

Descripción do acto: Elementos transversais e educación en valores: EDUCACIÓN AMBIENTAL. Toma de conciencia e análise crítica sobre os grandes problemas ambientais a escala global: quentamento global, deforestación, perda de boidiversidade, xestión enerxética etc.

Data e hora: 19 de Febreiro de 17:30 a 18:00 horas.

Cursos: 1º de BAC

Nº de alumnos: 27

Organización: Departamento de Orientación e Departamento de Ciencias Naturais. Colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da USC: realización dunha enquisa/cuestionario por persoal do grupo de investigación en Padagoxía Social e Educación Ambiental SEPA -interea (www.sepa_interea.gal)

Lugar : Salón de actos

Profesorado: Xosé Palacio Perulero, Ana María Varela Cordeiro

PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS

Descrición: O profesor Miguel Fernández Garea, inxeñeiro industrial compartiu as suas experiencias profesionais na xestión de proxectos de Obras Civiles co alumnado de ADI2 e Edificación e Obra Civil. Proxectouse a pelicula "A Meta" a que seguiu un coloquio entre os participantes.

Data/Horas: Miércores, 20 de febreiro de 15:30 a 18:00

Cursos: PRE2, PRO2, PRE2AD, ADI2

Nº Alumnado: 30

Organización: Jaime López Otero.

Departamentos: Administración e Finanzas e Edificación e Obra Civil.

Lugar: Salón de actos.

 

 

Álbum: Curso 18/19 -> Planificación e Xestión de proxectos

XESTIÓN DE PEMES: A IMPORTANCIA DA CONTABILIDADE

Descrición: O xoves 22 de novembro ás 16:00h, os alumnos de 2º curso de Administración e Finanzas de réxime Ordinario e os de Administración e Finanzas Adultos asistíron á actividade "XESTIÓN DE PEMES: A IMPORTANCIA DA CONTABILIDADE". Dita actividade realizouse no salón de actos do instituto e foi organizada polas profesoras: Ángeles Seijas e Carmen Barreiro, do departamento de Administración.

Cursos: AF ORD E AF ADULTOS

Departamento: Administración.

Organizadoras: Ángeles Seijas e Carmen Barreiro.

Data: Xoves 22 de novembro 2018

Hora: 16:00h

Lugar: Salón de actos do instituto

Nº alumnos: 60

Contacontos bilingüe inglés-galego

Descrición: Reforzo da comprensión e expresión oral inglesa

Curso: 1º e 2º bacharelato, 1º Xestión Administrativa, Asistencia a dirección e Administración e Finanzas

Departamento: Inglés

Organizador: Margarita Viz Blanco e Juan José Peña Lombao

Data: 24/01/2019

C.S.EOC E BACH: VISITA GUIADA AO VIVEIRO DE EMPRESAS DA CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DATA/HORAS: VENRES 1 DE FEBREIRO DE 12:00 A 13:40H

CURSOS: 1.- CICLOS SUPERIORES DA FAMILIA DE EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL: 8 ALUMNOS

               2.- BACHARELATO. MATERIA DE FUNDAMENTOS DE LA ADMINISTRACIÓN: 11 ALUMNOS

Nº ALUMNADO: 19

ORGANIZACIÓN: DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN. EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL E ECONOMÍA

LUGAR: VIVIEIRO DE EMPRESA. POLÍGONO DE COSTA VELLA. SANTIAGO

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: ENCONTROS NA ZONA USC 2019. CAMPUS DE SANTIAGO

Decrición: As alumnas e alumnos de bacharelato visitaron os campus Norte e Sur de Santiago de Compostela. 

Cursos: 1º e 2º de bacharelato

Número de alumnos: 60

LugarCampus de Santiago de Compostela (Campus Norte, Campus Vida)

Organizador: Departamento de orientación

Data e hora: 14 de Febreiro de 2019/ nde 9.50 a 13:40

C.S. ADI2: VISITA GUIADA AO VIVEIRO DE EMPRESAS DA CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Descrición da actividade:Os alumnos do segundo curso de asistencia a dirección visitou a Cámara de comercio do polígono de Costa Vella (Santiago) onde recibiu unha charla sobre como se comeza unha empresa desde 0 cas dificultades que esto implica.

Cursos afectados: Ciclo superior de asistencia a dirección 2º curso

Departamento: Departamentos de orientación, edificación e obra vicil e administración

Profesorado: Raquel Parapar López

Data/Horas: Martes 5 de Febreiro de 12:00 a 14:30 horas

Lugar: Viveiro de empresa. Polígono de Costa Vella. Santiago

Fomento do espírito emprendedor. Cámara de comercio de Santiago de Compostela.

Descrición:O pasado xoves 7 de febreiro o alumnado do ciclo superior de administración e finanzas 2º curso de adultos desplazouse ca a Cámara de comercio de Santiago para atender a unha charla sobre emprendemento no centro educativo.

Data/hora: Xovez 7 de febreiro de 16:00a 18:00h 

Curso: Ciclo superior de administración e finanzas 2º curso. Adultos.

Nº alumnado: 21

Organización: Departamentos de administración, orientación e edificación e obra civil.

Lugar: Ies As Fontiñas. Aula:212

"O ADN e a xenética forense", conferencia polo Prof. Ángel Carracedo Álvarez (Instituto de Ciencias Forenses da USC)

Data: 27 Novembro, 2018

Hora: 10:00 - 12:30

Nº Alumnado: 26

Cursos: 1º Bacharelato B, C; 2º Bacharelato C

Organización: Departamento de Bioloxía e Departamento de Orientación

Lugar: Auditorio 2 - Ed. CINC. Cidade da Cultura

Descrición: O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu o pasado 27 de novembro á conferencia "O ADN e a xenética forense" impartida polo Profesor Ángel Carracedo Álvarez no Auditorio 2 da Cidade da Cultura. A actividade comezou ás 10:00 e rematou ás 12:30, e estivo organizada por Rosa Blanco Veiga do departamento de Bioloxía e o departamento de Orientación.

V XORNADAS TÉCNICAS EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL

Cartaz_V_XornadasEOC

 

As V Xornadas de Edificación e Obra Civil que se celebrarán no IES As Fontiñas o días 20 e 21 de marzo co lema "O futuro da construción. A construción do futuro" pretenden presentar novidades e liñas de traballo no sector da edificación e obra civil.

A entrada é libre pero por cuestións de aforo requírese inscrición.

 

Programa das Xornadas de Edificación e Obra Civil

INSCRICIÓN

 

 

 

 

 

 

Aprendizaxe do esquí

Descrición: O alumnado de 1º de bacharelato visitou a estación de esquí de Jaca (Astún) onde recibiu unhas clases de esquí  dúas horas cada día. Ademais, o alumnado gozou dunha visita ás covas de Güixas. Durante a viaxe, o alumnado estivo hospedado nos Apartamentos Cambras.

Curso: 1º de Bacharelato

Departamento: Departamento de Educación Física e Departamento de Debuxo

Organizador: Anxo Agra e Enrique Iglesias

Data: 03/02/2019 ao 08/02/2019

O álbum elixido (aid = 52) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Une visite guidée au vieux Saint-Jacques De Compostelle (en suivant le chemin français)

Descrición: O alumnado do segundo ano de Asistencia a Dirección realizou o percorrido do Camiño Francés dende a rúa Fontiñas á Praza do Obradoiro facendo paradas nos monumentos máis emblemáticos da cidade.

Curso: ADI2

Departamento: Francés

Organizador: María Luisa Díaz Castro

Data: 14/02/2019

 

Álbum: Curso 18/19 -> Excursión de francés

Charla da deportista Verónica Boquete

Descrición: Fantástica charla de Verónica Boquete sobre a súa carreira deportiva internacional, o mundo do fútbol e a súa loita polo recoñecemento do deporte feminino. Un enorme exemplo para todos e todas, demostrando unha grandeza tanto no deportivo como no persoal. Sorte en Utah e sabes que o IES As Fontiñas é a túa casa!!!!

Cursos: 1º e 2º de Servicios Administrativos, 1º e 2º de Bacherelatos e Ciclo Medio de Xestión Administrativa Ordinario

Organizador: Manuel Moure

Data: 24 de xaneiro de 2019

 

Álbum: Curso 18/19 -> Charla da deportista Verónica Boquete

Powered by Drupal - Design by artinet