blogue decienciasnaturais
Graduación 2º bacharelato curso 2023/2024
O pasado venres, 7 de Xuño, despedimos no IES As Fontiñas a unha nova promoción de Bacharelato. Ao acto asistiron as familias do alumnado e o profesorado do centro.
Parabéns ás rapazas e rapaces que remataron esta etapa e moita sorte nesta nova andaina.
Visita ó Pico Sacro
O 26 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica e do CM de Escavacións e Sondaxes, realizaron unha visita ó Pico Sacro no Concello de Boqueixón.
Fixeron un roteiro xeolóxico-didactico guiados polo Xeológo Fran Canosa, que nos explicou aspectos xeolóxicos da formación do Pico Sacro, do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que atopamos.
Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.