Libros de texto para o curso 2024-25

Libros de texto para o curso 2024-25 <PDF>

NOTA: RECOMÉNDASE NON MERCAR OS LIBROS ATA RECIBIR INSTRUCIÓNS DO PROFESORADO CORRESPONDENTE.

O IESP de Ames participa no Proxecto Etwinning “Be Earth Friendly” con 4 países Túnez, Xordania, Croacia e Macedonia do Norte

Neste curso 2023-24 o IESP de Ames participa no proxecto “Be Earth Friendly” no que ademais de escolas españolas participan países como Túnez, Xordania, Croacia e Macedonia do Norte.
Neste proxecto participan tanto escolas de primaria como de educación secundaria. A temática traballada é a sostibilidade, a composición do solo (material orgánico, inorgánica, aire, auga) así como a arte e a creación a partir de residuos( os nosos alumnos fixeron desde carteis ate maquetas de casas realizadas con botellas de auga no deserto) Neste proxecto participou alumnado de Proxecto Competencial de 4º da ESO co profesor Roberto Barral, a linguaxe vehicular do alumnado foi o inglés e realizaronse diferentes equipos internacionais de traballo.  

O proxecto está en fase de finalización. Noraboa para os alumnos e profesores participantes.

O IESP de Ames participa no Proxecto Etwinning “Sustainable cities and schools:How smart do we live” cunha escola de Alemania

Neste curso 2023-24 o IESP de Ames participa no proxecto Etwinning “Sustainable cities and schools ;How smart do we live? co Gymnasium Schwertstraße Solingen, Germany Nordrhein-Westfalen de Alemania. Neste proxecto o alumnado traballou conxuntamente co alumnado da escola aleman utilizando como lingua vehicular o inglés os modelos cidades intelixentes, os indicadores das vilas de Ames e Solingen, ais como a eficiencia sostible nas escolas, desde os espazos materiais á eficiencia da utilización da tecnoloxía nas unidades didácticas. Con este traballo de investigación elaboraronse unhas cartas con suxestións ás institucións (concellos de Ames e Solingen e outra institucións). Tamén realizouse difusión deste proxecto o país de orixe dunha alumna inmigrante do noso centro como medida de integración e fortalecemento dos alumnos como axentes de cambio. Neste proxecto participaron alumnado de 4º de ESO de Proxecto Competencial cos profesores Roberto Barral e Paula Rodríguez e de 3º de ESO de inglés ca profesora Sofía Jiménez. Por parte do Gymnasium Schwertstrabe de Solingen participaron alumnos de 8º de Politica dos sistema de estudios de Alemania.

O proxecto está en fase de finalización. Noraboa para os alumnos e profesores participantes.

Recepción da corporación municipal de Ames

Recepción da corporación municipal de Ames

IES de Ames na Prensa

A prensa faise eco dos premios obtidos polo alumnado do IES de Ames. Pincha aquí para ver a noticia.

2º premio do CONCURSO ODISEA XIX EDICIÓN

O Equipo LA GRANADA DE PERSÉFONE, do IES DE AMES de BERTAMIRÁNS, formado polas alumnas de 4º de ESO  LARA BAZARRA SOUTO, ALEJANDRA FERNÁNDEZ CAPELO  e  CARLA GÓMEZ VILAS  coa súa Profesora: Margarita Olivar  Roldán,  gañou o 2º premio do CONCURSO ODISEA XIX EDICIÓN. Este ano participaron 803 alumnos en toda Galicia, repartidos en 315  equipos.

O xoves, 13 de xuño, ás 17:30 horas tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela o acto de entrega de premios e diplomas.

Calendario fin de curso 2023-24

Calendario fin de curso 2023-24 <PDF>

Primeiro e Segundo Premio para o IESP de Ames no Proxecto Mosquito Alert

Este ano o alumnado do Club de Ciencia do IESP de Ames tivo a fortuna de participar, a nivel nacional, no proxecto Mosquito Alert. Durante todo o ano traballaronse distintos aspectos do mosquito común e o mosquito tigre. Como resultado, presentáronse varios produtos finais en distintos formatos, sendo seleccionados dous deles para o evento final, que se levou a cabo na sede central do CSIC en Madrid o venres 14 de Xuño. Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado participante, así como as gañadoras, todo o esforzo realizado durante este curso. Tamén queremos agradecer ao CSIC, entidades financiadoras e investigadores a oportunidade dada para poder participar nesta actividade. Para máis información podedes seguir o noso instagram ou acudir a xornada informativa que terá lugar o xoves 20 de xuño no Pazo da Peregrina de 17:00h a 18:00h. 

Exames Convocatoria Extraordinaria Curso 23/24 1º de Bacharelato e FpBásica

 

 

  Mércores 19 de Xuño Xoves 20 de Xuño Venres 21 de Xuño

8:50-10:30

Portugués - 105 Lingua Castelá I - 33

BiXe - 104

Filosofía - 33

HMC - 105

10:50-12:30

MACS I - 101

MAT I - 101

TecEn I - 101

Latín - 104

FiQui - 101

Eco - 104

12:50-14:30   Inglés I - 105 Lingua Galega I - 33

Calendario de actividades docentes para 2º de Bacharelato convocatoria extraordinaria

Calendario de actividades docentes para 2º de Bacharelato convocatoria extraordinaria <PDF>

EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO CURSO 2023-2024

 

  LUNS 10 XUÑO   MARTES 11 XUÑO MÉRCORES 12 XUÑO
08:50 – 10:30

LCel I I- 101

EDMIN - 104

   HEs – 104   LGel II - 105
10:50 – 12:30

 MAT II – 101

MACS II – 101     Inglés II - 101
12:50 – 14:30 Inglés I -105    FÍSICA - 104
Distribuir contido