Secretaría
Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Enviado por Adminis o Ven, 12/07/2024 - 07:14Pódese consultar no taboleiro de anuncios do Centro a listaxe provisional de solicitudes para a adquisición de libros de texto e material escolar.
Libros de texto para o curso 2024-25
Enviado por Adminis o Ven, 28/06/2024 - 12:16Libros de texto para o curso 2024-25 <PDF>
NOTA: RECOMÉNDASE NON MERCAR OS LIBROS ATA RECIBIR INSTRUCIÓNS DO PROFESORADO CORRESPONDENTE.
EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO CURSO 2023-2024
Enviado por lolidenis o Mér, 29/05/2024 - 09:01
LUNS 10 XUÑO | MARTES 11 XUÑO | MÉRCORES 12 XUÑO | |
08:50 – 10:30 |
LCel I I- 101 EDMIN - 104 |
HEs – 104 | LGel II - 105 |
10:50 – 12:30 |
MAT II – 101 |
MACS II – 101 | Inglés II - 101 |
12:50 – 14:30 | Inglés I -105 | FÍSICA - 104 |
Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2024/25
Enviado por Adminis o Mér, 22/05/2024 - 06:19Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/25.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de xuño.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Comezo curso 2023-24
Enviado por Adminis o Xov, 07/09/2023 - 13:28Presentación: luns 11 de setembro.
Ás 8.45 horas o alumnado deberá estar no Centro.
A primeira hora faranse as presentacións polo que o alumnado debe dirixirse os espazos seguintes:
1º ESO: Sala de Usos Múltiples (SUM). O alumnado virá acompañado da familia, se queren.
2º, 3º, 4º ESO: porta principal.
1º, 2º Bacharelato e FP: pista de deportes.
A partir da 2ª hora clase normal.
Funcionará o transporte escolar e haberá horario normal
Libros de texto para o curso 2023-2024
Enviado por Adminis o Mar, 20/06/2023 - 07:10Libros de texto para o curso 2023-2024 <PDF>
Calendario de exames extraordinarios curso 2022-23
Enviado por Adminis o Mér, 14/06/2023 - 08:52Calendario de exames extraordinarios curso 2022-23 <PDF>
Fondo solidario de libros de texto para o curso 2023-24
Enviado por Adminis o Xov, 01/06/2023 - 13:11Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de xuño.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
26 de xullo. Pódense consultar as listaxes de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do Centro
Folga de transporte os días 27 e 28 de abril.
Enviado por Adminis o Mér, 26/04/2023 - 08:57No DOG de hoxe publícase a Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga que terá lugar os días 27 e 28 de abril de 2023. A indicada convocatoria afecta o ámbito territorial das concesións do servizo público de transporte de viaxeiros por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos.
No DOG indícase:
"Coa finalidade de ponderar a garantía do dereito esencial á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata as 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros".
Admisión alumnado curso 2023-2024
Enviado por Adminis o Mar, 07/03/2023 - 08:19Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para solicitar unha praza para o vindeiro curso académico, nun centro distinto ao que está matriculado o/a alumno/a (Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro) .
As solicitudes poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias (ED550B).
Só se pode presentar unha solicitude única e terá carácter vinculante. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.
O alumnado matriculado neste centro que queira continuar nel os seus estudos non ten que facer ningún trámite ata o prazo de matrícula (do 23 de xuño ao 7 de xullo).
Máis información no taboleiro de secretaría ou chamando ao teléfono 881 866 729.
Admision 2023-24 <PDF>
Vacantes 2023-24 <PDF>
![RSS - Secretaría Distribuir contido](/centros/iesames/misc/feed.png)