Actividades

Club de ciencia

O Club de Ciencia do IES de Ames creouse no curso 22/23 por un grupo de profesores e profesoras de distintas especialidades co obxetivo de despertar vocacións científicas no alumnado, promover a participación e o interese pola ciencia, concienciar e involucrar ao alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe, desenvolver unha aprendizaxe colaborativa e inclusiva e proporcionar un espazo onde desenvolver a creatividade.
Este Club actúa os xoves alternos de 16:30 a 18:30.


Para este curso 24/25, as datas do primeiro trimestre serán as que seguen: 03/10; 17/10; 14/11; 28/11; 12/12.

 

IES de Ames na Prensa

A prensa faise eco dos premios obtidos polo alumnado do IES de Ames. Pincha aquí para ver a noticia.

Entrevista na radio do IES do Milladoiro

O alumnado do IES do Milladoiro fixo unha entrevista as alumnas que participaron no evento final do proxecto Mosquito Alert en Madrid. Grazas ao equipo do IES do Milladoiro por este magnífico traballo. Aquí deixamos o corte. 

Visita ao CEIP A Maia

As alumnas gañadoras do evento final do Proxecto Mosquito Alert, na categoría de Comunicadoras Científicas, foron a contar o seu conto infantil MOSQUITRICOS. Na seguite ligazón podedes encontrar toda a información: Biblioteca Carlos Nieto.

Xornada Informativa Mosquito Tigre

 

 

Primeiro e Segundo Premio para o IESP de Ames no Proxecto Mosquito Alert

Este ano o alumnado do Club de Ciencia do IESP de Ames tivo a fortuna de participar, a nivel nacional, no proxecto Mosquito Alert. Durante todo o ano traballaronse distintos aspectos do mosquito común e o mosquito tigre. Como resultado, presentáronse varios produtos finais en distintos formatos, sendo seleccionados dous deles para o evento final, que se levou a cabo na sede central do CSIC en Madrid o venres 14 de Xuño. Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado participante, así como as gañadoras, todo o esforzo realizado durante este curso. Tamén queremos agradecer ao CSIC, entidades financiadoras e investigadores a oportunidade dada para poder participar nesta actividade. Para máis información podedes seguir o noso instagram ou acudir a xornada informativa que terá lugar o xoves 20 de xuño no Pazo da Peregrina de 17:00h a 18:00h. 

Paseo polo Museo

 



 

Primeiras e Segundas do Proxecto Mosquito Alert

 

 

Resolución Evento Mosquito Alert

 

 

Evento Mosquito Alert

 

 

Distribuir contido