Primeiro e Segundo Premio para o IESP de Ames no Proxecto Mosquito Alert
Este ano o alumnado do Club de Ciencia do IESP de Ames tivo a fortuna de participar, a nivel nacional, no proxecto Mosquito Alert. Durante todo o ano traballaronse distintos aspectos do mosquito común e o mosquito tigre. Como resultado, presentáronse varios produtos finais en distintos formatos, sendo seleccionados dous deles para o evento final, que se levou a cabo na sede central do CSIC en Madrid o venres 14 de Xuño. Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado participante, así como as gañadoras, todo o esforzo realizado durante este curso. Tamén queremos agradecer ao CSIC, entidades financiadoras e investigadores a oportunidade dada para poder participar nesta actividade. Para máis información podedes seguir o noso instagram ou acudir a xornada informativa que terá lugar o xoves 20 de xuño no Pazo da Peregrina de 17:00h a 18:00h.