Secretaría

Admisión alumnado curso 2023-2024

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para solicitar unha praza para o vindeiro curso académico, nun centro distinto ao que está matriculado o/a alumno/a (Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro) .
As solicitudes poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias (ED550B).
Só se pode presentar unha solicitude única e terá carácter vinculante. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.
O alumnado matriculado neste centro que queira continuar nel os seus estudos non ten que facer ningún trámite ata o prazo de matrícula (do 23 de xuño ao 7 de xullo).
Máis información no taboleiro de secretaría ou chamando ao teléfono 881 866 729.

Admision 2023-24 <PDF>

Vacantes 2023-24 <PDF>

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022/23

Pódense consultar as listaxes provisionais de admitidos/excluídos no taboleiro do Centro.

Pódense consultar as listaxes definitivas de admitidos/excluídos no taboleiro do Centro.

Libros de texto para o curso 2022-23

Libros de texto para o curso 2022-23 <PDF>

NOTA: Como norma xeral recoméndase agardar a setembro e non mercar os libros antes de falar co/ca profesor/a.

Eleccións ao Consello Escolar

A Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG.29/09/2021), establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Anúnciase a celebración do sorteo público dos membros da Xunta Electoral que terá lugar o vindeiro xoves día 28 de outubro ás 12:35 horas na secretaría do centro. A Xunta electoral será a encargada da organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.

Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG.29/09/2021) <PDF>

Distribuir contido