O IESP de Ames participa no Proxecto Etwinning “Sustainable cities and schools:How smart do we live” cunha escola de Alemania
Neste curso 2023-24 o IESP de Ames participa no proxecto Etwinning “Sustainable cities and schools ;How smart do we live? co Gymnasium Schwertstraße Solingen, Germany Nordrhein-Westfalen de Alemania. Neste proxecto o alumnado traballou conxuntamente co alumnado da escola aleman utilizando como lingua vehicular o inglés os modelos cidades intelixentes, os indicadores das vilas de Ames e Solingen, ais como a eficiencia sostible nas escolas, desde os espazos materiais á eficiencia da utilización da tecnoloxía nas unidades didácticas. Con este traballo de investigación elaboraronse unhas cartas con suxestións ás institucións (concellos de Ames e Solingen e outra institucións). Tamén realizouse difusión deste proxecto o país de orixe dunha alumna inmigrante do noso centro como medida de integración e fortalecemento dos alumnos como axentes de cambio. Neste proxecto participaron alumnado de 4º de ESO de Proxecto Competencial cos profesores Roberto Barral e Paula Rodríguez e de 3º de ESO de inglés ca profesora Sofía Jiménez. Por parte do Gymnasium Schwertstrabe de Solingen participaron alumnos de 8º de Politica dos sistema de estudios de Alemania.
O proxecto está en fase de finalización. Noraboa para os alumnos e profesores participantes.
Recepción da corporación municipal de Ames