2º premio do CONCURSO ODISEA XIX EDICIÓN
Enviado por fermin.cambeiro o Ven, 28/06/2024 - 08:19
O Equipo LA GRANADA DE PERSÉFONE, do IES DE AMES de BERTAMIRÁNS, formado polas alumnas de 4º de ESO LARA BAZARRA SOUTO, ALEJANDRA FERNÁNDEZ CAPELO e CARLA GÓMEZ VILAS coa súa Profesora: Margarita Olivar Roldán, gañou o 2º premio do CONCURSO ODISEA XIX EDICIÓN. Este ano participaron 803 alumnos en toda Galicia, repartidos en 315 equipos.
O xoves, 13 de xuño, ás 17:30 horas tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela o acto de entrega de premios e diplomas.