INFORMACIÓN PROTOCOLO ALERTA ESCOLAR 24-25
Enviado por lolidenis o Mar, 15/10/2024 - 05:24Información para familias do alumnado con problemas médicos, Protocolo de Alerta Escolar. Curso 2024-2025.
No seguinte documento encontrarán información detallada sobre as actuacións. Tamén proporcionamos o formulario de inscrición no Programa.
Eleccións de membros do Consello Escolar
Enviado por Adminis o Ven, 11/10/2024 - 07:04O sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral terá lugar o venres 18 de outubro, ás 12:35 horas, na sala de xuntas do IES Plurilingüe de Ames
Circular informativa <PDF>
Selo Nacional de Calidade do proxecto "Sustainable cities and schools: How smart do we live"
Enviado por Adminis o Xov, 12/09/2024 - 13:18O proxecto etwinning "Sustainable cities and schools: How smart do we Live" no que participan profesores e alumnado do IESP de Ames en colaboración co Gymnasium Schwertstraße de Solingen (Alemania) obtivo o Selo Nacional de Calidade (Etwinning National Quality Label). Polo noso instituto participaron e solicitaron o selo de calidade no curso 2023-2024 o profesor Roberto Barral con alumnado de 4º de ESO da materia de Proxecto Competencial e a profesora Sofía Jiménez con alumnado da materia de inglés de 3º da ESO obtendo en ambos casos o citado premio . Parabéns para todo o alumnado e profesorado participante e tamén para o centro.
Normas de emprego dos ordenadores
Enviado por anaro o Mér, 13/09/2023 - 12:27Para o correcto funcionamento do proxecto E-Dixgal é importante seguir as seguintes normas:
- O equipamento E-Dixgal (portátil, cargador, maletín e carro de carga) debe tratarse como se fose propio. Cada alumno/a é responsable do seu material. O alumnado ten que transportar sempre o seu ordenador dentro do maletín.
- Se unha alumna ou alumno quere deixar o ordenador na aula pode facelo sempre que o deixe no posto que se lle asigne no carro de carga. O ORDENADOR NON PODE QUEDAR ENRIBA DAS MESAS.
- Os ordenadores no centro só se poden cargar no carro de carga.
- Todas as incidencias que se produzan teñen que ser de comunicadas ao coordinador E-Dixgal coa maior brevidade posible.
- O coordinador E-Dixgal estará dispoñible todos os recreos para a comunicación de incidencias.
- Se unha familia ten dúbidas sobre calquera aspecto do proxecto pode poñerse en contacto co coordinador E-DIXGAL (Fermín Cambeiro) chamando ao instituto ou enviando un correo electrónico a tic.ies.ames@edu.xunta.gal.
Información E-DIXGAL para as familias (Curso 24-25)
Enviado por anaro o Mér, 13/09/2023 - 12:06Prema na imaxe para acceder á información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal do Espazo Abalar.
Folleto informativo para as familias - Curso 2024-2025 (PDF)
Comezo curso 2024-25
Enviado por Adminis o Mér, 04/09/2024 - 04:44Mércores 11 de setembro
Ás 8.45 horas o alumnado deberá estar no Centro.
A primeira hora faranse as presentacións polo que o alumnado debe dirixirse os espazos seguintes:
1º ESO: Sala de Usos Múltiples (SUM). O alumnado virá acompañado da familia, se queren.
2º, 3º, 4º ESO: porta principal.
1º, 2º Bacharelato e FP: pista de deportes.
A partir da 2ª hora clase normal.
Funcionará o transporte escolar e haberá horario normal
Mes de agosto de 2024
Enviado por Adminis o Mér, 31/07/2024 - 06:48Para algunha xestión moi urxente, durante as vacacións de verán (do 1 de agosto ao 26 de agosto), poden contactar para concertar unha cita no teléfono
672 125 853
ou solicitándoa por medio do correo electrónico do IES Plurilingüe de Ames:
ies.ames@edu.xunta.gal
Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Enviado por Adminis o Ven, 12/07/2024 - 06:14Pódese consultar no taboleiro de anuncios do Centro a listaxe provisional de solicitudes para a adquisición de libros de texto e material escolar.
INTERCAMBIO CO CENTRO NYDALEN HIGH SCHOOL DE OSLO
Enviado por fermin.cambeiro o Lun, 01/07/2024 - 16:53Durante as tres primeiras semanas de setembro de 2023 seis alumnos/as de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe de Ames fixeron un intercambio con alumnado do centro Nydalen High School de Oslo (Noruega). Durante a súa estadía na capital nórdica compartiron horario lectivo e actividades escolares e extraescolares co alumnado co que residían. Este programa educativo axudoulles a mellorar a súa competencia lingüística en lingua inglesa.
O alumnado noruegués estivo no noso centro durante a última semana de xaneiro e as dúas primeiras de febreiro de 2024. Participaron da vida cotiá e lectiva do instituto, integrándose perfectamente co resto do alumnado de 1º de Bacharelato e coas familias coas que residiron. Tamén acudiron as distintas actividades que se fixeron durante a súa estadía no IES Plurilingüe de Ames como a saída a A Coruña ou a celebración do Carnaval.
Tanto a comunidades educativa norueguesa como a nosa destacaron o éxito que tivo este intercambio, que se produce dentro do marco do programa EduExchanges dende 2019, grazas aos comentarios aportados por todos os participantes e polas súas familias.
Unha vez máis, unha experiencia moi gratificante.
Alumnado participante do IESP de Ames a punto de partir cara Oslo
.
Pendentes matemáticas curso 2024- 2025
Enviado por anaro o Lun, 01/07/2024 - 06:10O Departamento de Matemáticas informa que o alumnado que teña a materia de Matemáticas pendente para o próximo curso, pode presentarse a unha proba na que se avaliarán todos os contidos traballados ao longo do curso 23-24 e que se celebrará
- DATA: 26 de setembro de 2024 (xoves).
- HORA: 16:30 horas.
- LUGAR: Salón de Actos.
No caso de non aprobar este exame, o alumnado seguirá o programa de recuperación de pendentes do que se informará ao comezo do curso.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »