CONFERENCIA PARA FAMILIAS

AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS: Es-Alert 15

Nota informativa sobre a activación da proba de avisos masivos á poboación Es-Alert.

15 outubro a partir das 10:00 horas

Mañán, 15 de outubro, procederase a realizar un SIMULACRO avisando dun ACCIDENTE na Refinería de Repsol-Butano Coruña. Dito SIMULACRO consiste en avisos masivos ao móbil.

Esta é a forma de actuar

- O teléfono emitirá un asubío a máximo volume e achegarache unha mensaxe que informa do simulacro.

- Unha vez lido, pulsa aceptar e non respondas nin chames o 1-1-2 .

Esta información vne remitida pola xerencia da Axencia Galega de Emerxencias

Nos  arquivos adxuntos se remite a información chegada ao centro educativo

 

COMENZO CURSO 2024-2025

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

No arquivo adxunto aparecen os datos referidos aos libros de texto de tódolos cursos de ESO, Bacharelato e CSCI.

EXAMES EXTRAORDINARIOS 1º DE BAC

EXAMES EXTRAORDINARIOS DE PRIMEIRO DE BAC

Publícase a seguinte información ao respecto dos exames extraordinarios de 1º de BAC que terán lugar entre o 19 e o 21 de xuño nas aulas de 1º de BAC A e B

DÍA/HORA 08:30-10.10 10.30-12.00 12.30-14.00
MÉRCORES 19 LINGUA GALEGA E LITERATURA

MATEMÁTICAS XERAIS

MATEMÁTICAS I

INGLÉS
XOVES 20 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA MATEMÁTICAS APLICADAS BIOLOXÍA
VENRES 21 TECNOLOXÍA, FÍSICA E QUÍMICA, ECONOMÍA FILOSOFÍA ANATOMÍA APLICADA

 

 

TEATRO NO IES ALFREDO BRAÑAS

REPRESENTACIÓN TEATRAL 

ASISTENCIA DE BALDE

 

O próximo mércores, 19 de xuño, no Salón de actos do IES Alfredo Brañas vanse representar dúas obras de teatro.

As 20:00 horas representarase a obra: "E ti quen és? Toda ela protagonizada polo alumnado que pertence ao grupo de teatro do IES Alfredo Brañas.

As 21:00 horas representarase a obra: "A casa encantada. Crime ou Venganza". Esta obra será representada polo grupo de teatro "Vagalume Animación", grupo convidado onde participa alumnado do noso centro.

Entrada de balde ata completar aforo do salón de actos.

Esperamos a vosa asistencia

TEATRO

REPRESENTACIÓN TEATRAL

GRUPO DE TEATRO DO IES ALFREDO BRAÑAS

Este próximo xoves, 13 de xuño, e o próximo mércores, 19 de xuño, o grupo do teatro do IES Alfredo Brañas vai representar dúas obras. A do xoves 13 leva por titulo: "Quen quere ser princesa?", obra que van representar ao alumnado dos centros adscritos que van vir para o curso que vén a estudar ao noso centro. A obra do mércores 19, representarana ao alumnado do centro e leva por título "E ti quen és?" O noso IES aposta como parte da formación do alumnado a realización de actividades extraescolares sendo unha delas e de máxima relevancia o grupo de teatro que un ano máis  baixo a dirección de Javier Fraga e Mónica Liñares levan adiante obras de grande calidade despois de todo un curso ensaiando os martes de 14.30 a 16.00 horas. Parabéns

SOLICITUDE CICLOS FP

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para ciclos de FP de grao medio ou superior para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

Para realizar a solicitude débese ir a www.edu.xunta.gal/ciclosadmision. Só estará dispoñible a partir do día 24 de xuño,  durante o prazo de presentación de solicitudes.

1. ENTRA EN: www.edu.xunta.gal/ciclosadmision

2. REXÍSTRATE (mediante unha das dúas opcións)

- Alta de solicitude sen certificado dixital e sen usuario

Para realizar a solicitude débese ir a www.edu.xunta.gal/ciclosadmision e premer sobre “Alta solicitude web”. Neste caso, solicitaráselle o DNI ou documento oficial de identificación (DOI) e un enderezo electrónico. Realizarase a solicitude seguindo as instrucións do sistema.

- Alta de solicitude con certificado dixital ou conta “edu.xunta.gal”

No caso das solicitudes para menores de 18 anos mostrarase un despregable para escoller se quere crear a solicitude como solicitante ou como pai/nai/titor. Tamén se dispón da opción “Confirmación de solicitude de fillos menores de idade” no caso de que a solicitude fose realizada polo outro pai/nai/titor. Despois pasarase a unha ventá de carga de datos persoais.

3. COMPLETAR OS DATOS E AS OPCIÓNS DE CENTRO E CICLOS.

No caso de alumnado con discapacidade ou deportista de alto rendemento/nivel, deberá indicalo.

4. CONFIRMACIÓN DA SOLICITUDE.

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique.

 

VÍDEO DE AXUDA

 MÁIS INFORMACIÓN www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

 

 

ABAU EXTRAORDINARIA

REUNIÓN FAMILIAS 6º PRIMARIA

Distribuir contido