O noso centro
Historia do centro
Enviado por iesab08 o Ven, 2008-04-25 21:09Aquí podes ler un artigo do profesor de Historia do IES Alfredo Brañas Xan Fraga na Voz de Galicia sobre a fundación do noso instituto, con motivo do 40 aniversario do centro. Podes acceder premendo aquí.
A criación do Instituto
A historia do Instituto de ensino medio para Carballo foi unha auténtica ucronía surrealista. Nos anos da II República (1931-36) os alcaldes Francisco Bolón e José Monteagudo, despois de diversas xestión en Madrid, practicamente o conseguiran cando a Guerra Civil (1936-39) truncou esas e outras esperanzas.
Inauguración do campo de fútbol do Instituto. Partido Bergantiños - Deportivo da Coruña, 1971 |
Anos máis tarde, concretamente no 1949, ó amparo do decreto de 29 de abril que outorgaba importantes subvencións, aprobouse un proxecto, do arquitecto Peregrín Estellés para a construción en Carballo dunha Escola Graduada, con catro graos mixtos, que ascendía á suma de 884.345 pesetas. Pasaría ó baúl das ucronías.
Alumnos e alumnas no curso 1970-1971 |
De novo no ano 1955, o Consello de Ministros aprobou a creación dun Instituto Laboral nun decreto do 2 de setembro publicado no BOE dese mesmo mes e ano. Outra ucronía. Cando se inaugurou a Caixa de Aforros en Carballo, o seu director comprometeuse no discurso que fixo, 3 de agosto de 1963, a ceder os terreos para a construción dun Instituto no castro do Chorís, así como unha biblioteca pública no seu local. A penas dous anos despois concretouse a doazón en escritura pública. Finalmente, e ó amparo dos "Planes de desarrollo" do opusdeísta López Rodó, o Consello de Ministros do 14 de agosto de 1968 aproba a creación duns Instituto mixto en terreos doados por diversos particulares e institucións, así como algunha compra. O orzamento tipo para a subhasta de obras sería de 18.119.173,05 pesetas.
Alumnos do Instituto de excursión en Santiago de Compostela. Ano 1972 |
Acabáronse as ucronías, mais foi demasiado tarde.¿Cantas xeracións de carballesas e carballeses deixaron de estudar ou non o fixeron nunca por falta de medios?. Carballo e comarca pagouno moi caro e aínda hoxe sufrimos as consecuencias. A inauguración do Instituto no curso 1970-71 foi recibida en Carballo e comarca como auga no deserto, como un faro nas tebras.
Patido de fútbol mestres-alumnos no curso 1988-89. Equipo dos mestres e achegados no campo da Agrela. Gañaron 5-4. |
Os directores e directoras do Instituto:
Constantino Freire Llamas (1970-1974)
Adela Fernández Alea (1974-75)
José Antonio Iglesias Arias (1975-77)
José M. Pérez Fernández (1977-1979)
Juan A. Charro Fernández (1979-1983)
Josefina Lestón Tajes (1983-1984)
José Carballude Blanco (1984-1986)
Carlos Bande Cruz (1986-1988)
Frutos Fernández González (1988-1991)
Manuel Santos Ledo (1991-1994)
Constantino Álvarez Muíño (1994-1998)
Jose Antonio Viña Patiño (1998-2003)
Francisco Javier Dapena Castro (2003-2006)
Rafael Baliñas Pérez (2006-2007)
Francisco Javier Dapena Castro (2007-2008)
María Díaz Rama (2008-2010)
Mónica Mariño Callejo (2011- )
Os Xefes e Xefas de Estudios do Instituto:
Luz Castaño Fernández (1970-71)
Antonio Djangren Areces (1971-72)
Manuel Casalderey García (1972-74)
María Sánchez Pose (1974-75)
Víctor Serantes Martínez-Rojas (1975-78, 1979-1984)
Avelino Abuín González (1978-1979)
Frutos Fernández González (1984-1985)
Olga Villarino Rodríguez (1985-1986)
Eduardo Pásaro Méndez (1986-1987)
Rodolfo Lema Prat (1987-1989)
José A. Viña Patiño (1989-1991)
Luís Mateo Sáez Abuín (1991-1994)
Mariano Pazos Afonso (1994-1999)
Francisco Javier Dapena Castro (1999-2003)
María José Martínez Rey (2003-2006)
Mª Salvadora Fernández Díez (2006-2007)
Angeles Novás Fernández (2007-2008)
Josefa Costa Amigo (2008-2009)
Mercedes Varela Barreiro (2009-2010)
Eva Santos Paz (2011-2014)
Antón Silveira (2015- )
Evolución do alumnado e o profesorado do Instituto:
Curso |
Alumnado | Profesorado | Curso | Alumnado | Profesorado | |
1970-1971 | 426 | 29 | 2000-2001 | 838 | 78 | |
1971-1972 | 480 | 31 | 2001-2002 | 792 | 72 | |
1972-1973 | 639 | 29 | 2002-2003 | 740 | 72 | |
1973-1974 | 533 | 28 | 2003-2004 | 689 | 68 | |
1974-1975 | 398 | 32 | 2004-2005 | 638 | 69 | |
1975-1976 | 642 | 37 | 2005-2006 | 596 | 68 | |
1976-1977 | 633 | 39 | 2006-2007 | |||
1977-1978 | 634 | 34 | 2007-2008 | |||
1978-1979 | 697 | 39 | 2008-2009 | |||
1979-1980 | 801 | 43 | 2009-2010 | |||
1980-1981 | 773 | 42 | 2010-2011 | |||
1981-1982 | 714 | 42 | 2011-2012 | |||
1982-1983 | 724 | 43 | 2012-2013 | |||
1983-1984 | 757 | 44 | 2013-2014 | |||
1984-1985 | 840 | 51 | 2014-2015 | |||
1985-1986 | 870 | 55 | 2015-2016 | |||
1986-1987 | 991 | 56 | 2016-2017 | |||
1987-1988 | 1092 | 64 | 2017-2018 | |||
1988-1989 | 1189 | 68 |
2018-2019 |
|||
1989-1990 | 1191 | 68 | 2019-2020 | |||
1990-1991 | 1221 | 71 | 2020-2021 | |||
1991-1992 | 1225 | 72 | 2021-2022 | |||
1992-1993 | 1295 | 73 | 2022-2023 | |||
1993-1994 | 1218 | 72 | 2023-2024 | |||
1994-1995 | 1100 | 73 | 2024-2025 | |||
1995-1996 | 1043 | 71 | ||||
1996-1997 | 1030 | 66 | ||||
1997-1998 | 936 | 63 | ||||
1998-1999 | 1109 | 62 | ||||
1999-2000 | 1002 | 78 |
Nota: hai que ter en conta cando se inauguran os outros dous Institutos de Carballo: en 1976 o de Formación Profesional, hoxe Monteneme e o Parga Pondal no curso 1993-1994. Así mesmo no curso1998-1999 o alumnado e profesorado do Primeiro ciclo da ESO pasan a depender organicamente do Centro.
|
»