Novas

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

No arquivo adxunto aparecen os datos referidos aos libros de texto de tódolos cursos de ESO, Bacharelato e CSCI.

IMPRESOS MATRÍCULAS CURSO 2024-2025

IMPRESOS DAS MATRÍCULAS PARA O CURSO 2024-2025.

Prema no arquivo correspondente para descargar o impreso da matrícula do curso 2024-2025

Consulte nas novas de esta páxina a/as datas de matriculación no centro

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesalfredobranas/node/1839

Por cuestións organizativas prégase respecten a data estipulada para a matrícula, no caso de non poder poden facela efectiva calquer outro día entre o 28 de xuño e o 8 de xullo de 2024. 

 

 

DATAS MATRÍCULAS

DATAS PARA A MATRÍCULA

CURSO 2024-2025

Entre o 28 de xuño e o 8 de xullo establécense as seguintes datas para que o alumnado acuda ao servizo de administración do noso centro para acordar a mátrícula do próximo curso. Establécese dunha maneira escalonada pola cantidade de alumnado solicitando por parte da dirección que se respecten tanto as horas como o día/días establecidos.

No caso de non poder nos días propostos poden facela efectiva calquer outro día entre o 28 de xuño e o 8 de xullo de 2024. Agradecemos a súa atención. . 

As datas son as sque seguen en horario de 9 a 14 horas:

1º da ESO: 28 de XUÑO e 1 de XULLO

2º da ESO: 2 de XULLO

3º da ESO: 3 de XULLO

4º da ESO: 4 de XULLO

1º de BAC: 5 de XULLO

2º de BAC: 8 de XULLO

EXAMES EXTRAORDINARIOS 1º DE BAC

EXAMES EXTRAORDINARIOS DE PRIMEIRO DE BAC

Publícase a seguinte información ao respecto dos exames extraordinarios de 1º de BAC que terán lugar entre o 19 e o 21 de xuño nas aulas de 1º de BAC A e B

DÍA/HORA 08:30-10.10 10.30-12.00 12.30-14.00
MÉRCORES 19 LINGUA GALEGA E LITERATURA

MATEMÁTICAS XERAIS

MATEMÁTICAS I

INGLÉS
XOVES 20 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA MATEMÁTICAS APLICADAS BIOLOXÍA
VENRES 21 TECNOLOXÍA, FÍSICA E QUÍMICA, ECONOMÍA FILOSOFÍA ANATOMÍA APLICADA

 

 

EXCURSIÓN A ANDALUCIA 18-23 DE MAIO DE 2024

EXCURSIÓN A ANDALUCIA

DO 18 AO 23 DE MAIO DE 2024

ALUMNADO DE 4º DA ESO

 

 

O noso alumnado de 4º da ESO, despois de un curso enteiro a espera, empezan a viaxe de final de etapa (ESO). Saen hoxe do aeroporto internacional Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para aterrar no María Zambrano de Málaga.

Acompánan as profesoras Marga, Mónica Naveira, Susy e o profesor Manuel. Estes 47 rapaces e rapazas van con moitas ganas e coas maletas e mochilas cheas non só de roupa e enseres personais, se non de ganas de desfrutar, pasalo ben e aprender moito do que alí van ver e visitar nas cidades de Granada, Córdoba e Sevilla. Estaban esperando esta excursión coma o sol de Maio que esperamos nós en Galicia.

No Facebook e no Instagran do centro se irán subindo fotografías e vídeos segundo vaian chegando.

Boa Viaxe

MATEMÁTICAS NA RAIA

MATEMÁTICAS NA RAIA

11 de abril de 2024

 

Alumnado de 3º da ESO este xoves 11 de abril, de 16:00 a m17.30, vai participar na X edición do concurso de Matemáticas na Raia organizado pola asociación AGAPEMA. Dito concurso  ten como obxectivo a resolución colaborativa de problemas tendo como observadora unha persoa allea do centro. Neste concurso o resultado infñue en todo o grupo, non nun grupo concreto dos varios que poidan ser. Se se derá a probabilidade de gañar o premio consistirá nunha estancia de fin de semana (25-26 de maio) men Esposende con tódolos gastos pagados para o alumnado participante e gañador e o profesorado, onde o alumnado portugués e galego confraternizarán realizando visitas turísticas e "competicións amistosas".

Para consultar todo o referente a ditop concurso mirar no seguinte enlace:

CONCURSO MATEMÁTICAS NA RAIA

Ánimo e que teñades moita sorte.

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

RESOLUCIÓN DO 28 DE FEBREIRO DE 2024

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE 4º DA ESO E DE 2º DE BAC

 

https://esgalicia.gal/gl/vivir-en-galicia/galicia-primeira-comunidade-en-emitir-un-certificado-de-competencias-dixitais

Imaxe: https://esgalicia.gal/gl/vivir-en-galicia/galicia-primeira-comunidade-en-emitir-un-certificado-de-competencias-dixitais

 

Infórmase de que o alumnado de 4º da ESO e de 2º de BAC poderá acreditar a súa competencia dixital realizando unha proba no propio centro educativo. O alumnado de 4º da ESO poderá acreditar un coñecemento medio en competencias dixitais e o alumnado de 2º de BAC sobre seguridade e privacidade (área 4 MGCD). Ditas probas realizaranse no mes de abril para o alumnado de 2º de BAC e no mes de maio para o alumnado de 4º da ESO.

O alumnado interesado en realizar dita proba deberá solicitar o anexo IV da resolución na conserxería do Centro e traela cuberta pola persoa responsable do/da menor ampliándose o prazo ata o 15 de marzo e deixala na propia conserxería do centro.

Para máis información sobre o proceso da resolución e o contido do Marco Galego de competencias dixitais poden consultar o enlace e os arquivos adxuntos

https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

NÚMERO PREMIADO DO SORTEO DA CESTA DE ENTROIDO

NÚMERO PREMIADO

0435

 

No recreo da ESO de hoxe venres, 1 de marzo, sorteuse a cesta con produtos de entroido. O boleto agraciado ten o número 0435. Parabéns á persoa agraciada e desexamos que desfrute moito de todo o contido en dita cesta.

 

23 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

23 DE FEBREIRO: LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
 
 
 
Este pasado venres 23 de febreiro, día de lembranza do nacemento de Rosalía de Castro en 1837, o Dpto de Normalización Lingüística organizou un recitado de poemas de Rosalía de Castro. Alumnado de 2º e 4º da ESO e de 1º de BAC , así coma o profesorado de Lingua e Literatura Galega lembraron á escritora lendo poemas das súas máis importantes obras e un relato, este en castelán, do que puido ser o primeiro manifesto feminista.
Rematou o acto coa interpretación de "Adiós ríos, adiós fontes" por parte de Paula Fraga, alumna de 2º de BAC, acompañada pola guitarra e o teclano que tan armoniosamente tocaron Iris e Henar, tamén de 2º de BAC.
Para ver o vídeo premede nos links do noso canal de Youtube @iesalfredobranas1125

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 
11 DE FEBREIRO
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Este 11 de febreiro, domingo de Entroido, o Concello de Carballo, a través das concellerías de innovación e igualdade celebrou no "andar alto" do Mercado Municipal de Carballo a "I Feira do día da Muller e a Nena na ciencia", e o Ies Alfredo Branhas estivo presente colaborando nos experimentos científicos cun grupo de alumnas da ESO e de BAC, guiadas pola profesora de Química, Isabel Regueiro, onde fixeron unha serie de experimentos demostrando que NON SE DISFRAZAN de científicas, SENON que SON CIENTÍFICAS e están dando os pasos para formar parte na historia da ciencia.
As alumnas que participaron foron Laura Varela Cambón, Shana Añón Lías, Valeria Rodríguez Colferai, Carla Padín Regueira, Lucía García Vilariño, Andrea Goimil Liñares, Alba Bértoa Lema e Claudia Pallas Marrozos.
Como sabedes o noso centro destaca, entre outras, por organizar a chamada "Feira das Ciencias" que este ano celebrarase a XVII edición nos días 28 e 29 de Febreiro. O que fan estas rapazas é mostrar e demostrar que a ciencia ten voz de muller.
Deixo aquí unhas fotos que me enviaron máis non sei quen as tirou, por eso desculpade que non poña autora/autor da mesma.
Este é o artigo da La Voz de Galicia. Edición Carballo onde, entre outras, aparece a nosa profe Isabel Regueiro e o nome das alumnas participantes.
 
Na nosa páxina do facebook e instagram podedes ver as fotos que se tomaron ese día
Distribuir contido