Selectividade

MEGABAU 2024

MEGABAU 2024

 

ACTO DE HOMENAXE AOS MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA ABAU 2024

Coliseum da Coruña, venres, 21 de xuño de 2024 ás 11:30h.






Este ano, as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organizan o acto conxunto coñecido como "MEGABAU" onde se recoñecen os mellores expedientes dos centros de ensino galego de Bacharelato de toda Galicia. Cabe dicir que de todos e todas as estudantes que serán recoñecidas, o noso centro conta con 7 estudantes que acadaron dito recoñecemento.

A  listaxe de estudantes que acadaron dita excelencia do noso centro son: 

Baldomir Caamaño, Efrén

 Bértoa Lema, Alba

 Facal Suárez, Sara

 Goimil Liñares, Andrea

 Mato Lema, Nazaret

 Pérez González, Manuel

 Veiga Mourín, Pablo 

Pódedese consultar toda a información sobre o acto (acceso, photocall, programa,...) na seguinte dirección: www.udc.es/megabau 

Dende a dirección do centro e de todo o claustro queremos manifestar os nosos parabéns a este alumnado por acadar dito recoñecemento que ben merecido o teñen.

Tamén queremos deixar constancia que dos 66 alumnos/alumnas que asistiros as probas ABAU 2024, acadaron o aprobado 65 o cal nos congratula e felicitamos a todas e todos por ese ben merecido aprobado.

Finalmente desexamos que a nova vida que comenzades agora sexa de grandes éxitos e que non esquezades o voso paso polo IES Alfredo Brañas

PROBAS ABAU 2024

PROBAS ABAU 2024

 

 

Dende a dirección do Ies Alfredo Brañas xunto todo o claustro do profesorado queremos desexarlle as máximas das sortes ao noso alumnado que entre o martes 4 de xuño e o xoves 6 de xuño se enfrontan as probas abau que van determinar, xunto coa nota media obtida na súa etapa post obrigatoria (Bacharelato), o seu acceso á carreira universitaria que escolleron. Mandámoslles toda a forza posible e que o esforzo de estes dous anos, principalmente de este último mes, teña a súa regalía. Ánimo e que a "deusa sabedoría" vos alumee nestes días.

En adxunto compartimos os horarios das probas

EXAMES EXTRAORDINARIO 2º DE BAC

EXAMES EXTRAORDINARIO 2º DE BAC

OS EXAMES EXTRAORDINARIOS REALÍZANSE

NAS AULAS DE 2º BACH A/E

DÍAS E HORARIOS

MARTES 11

08,30 ás 10,00:

Lingua galega e literatura

10,30 ás 12,00:

Matemáticas II

Matemáticas Aplicadas ás CCSS

Matemáticas xerais

12,30 ás 14,00:

Xeografía

Historia del Arte

MÉRCORES 12

08,30 ás 10,00:

Lingua castelá e literatura

10:30 ás 12,00:

Historia de España

TICS

12,30 ás 14,00:

Química

Física

XOVES 13

08,30 ás 10,00:

Bioloxía

Ciencias Xerais

10,30 ás 12,00:

EDMN

Historia da Filosofía

Inglés

 

Distribuir contido