Novas

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

No arquivo adxunto aparecen os datos referidos aos libros de texto de tódolos cursos de ESO, Bacharelato e CSCI.

MEGABAU 2024

MEGABAU 2024

 

ACTO DE HOMENAXE AOS MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA ABAU 2024

Coliseum da Coruña, venres, 21 de xuño de 2024 ás 11:30h.






Este ano, as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organizan o acto conxunto coñecido como "MEGABAU" onde se recoñecen os mellores expedientes dos centros de ensino galego de Bacharelato de toda Galicia. Cabe dicir que de todos e todas as estudantes que serán recoñecidas, o noso centro conta con 7 estudantes que acadaron dito recoñecemento.

A  listaxe de estudantes que acadaron dita excelencia do noso centro son: 

Baldomir Caamaño, Efrén

 Bértoa Lema, Alba

 Facal Suárez, Sara

 Goimil Liñares, Andrea

 Mato Lema, Nazaret

 Pérez González, Manuel

 Veiga Mourín, Pablo 

Pódedese consultar toda a información sobre o acto (acceso, photocall, programa,...) na seguinte dirección: www.udc.es/megabau 

Dende a dirección do centro e de todo o claustro queremos manifestar os nosos parabéns a este alumnado por acadar dito recoñecemento que ben merecido o teñen.

Tamén queremos deixar constancia que dos 66 alumnos/alumnas que asistiros as probas ABAU 2024, acadaron o aprobado 65 o cal nos congratula e felicitamos a todas e todos por ese ben merecido aprobado.

Finalmente desexamos que a nova vida que comenzades agora sexa de grandes éxitos e que non esquezades o voso paso polo IES Alfredo Brañas

EXAMES EXTRAORDINARIO 2º DE BAC

EXAMES EXTRAORDINARIO 2º DE BAC

OS EXAMES EXTRAORDINARIOS REALÍZANSE

NAS AULAS DE 2º BACH A/E

DÍAS E HORARIOS

MARTES 11

08,30 ás 10,00:

Lingua galega e literatura

10,30 ás 12,00:

Matemáticas II

Matemáticas Aplicadas ás CCSS

Matemáticas xerais

12,30 ás 14,00:

Xeografía

Historia del Arte

MÉRCORES 12

08,30 ás 10,00:

Lingua castelá e literatura

10:30 ás 12,00:

Historia de España

TICS

12,30 ás 14,00:

Química

Física

XOVES 13

08,30 ás 10,00:

Bioloxía

Ciencias Xerais

10,30 ás 12,00:

EDMN

Historia da Filosofía

Inglés

 

NÚMERO PREMIADO DO SORTEO DA CESTA DE ENTROIDO

NÚMERO PREMIADO

0435

 

No recreo da ESO de hoxe venres, 1 de marzo, sorteuse a cesta con produtos de entroido. O boleto agraciado ten o número 0435. Parabéns á persoa agraciada e desexamos que desfrute moito de todo o contido en dita cesta.

 

23 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

23 DE FEBREIRO: LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
 
 
 
Este pasado venres 23 de febreiro, día de lembranza do nacemento de Rosalía de Castro en 1837, o Dpto de Normalización Lingüística organizou un recitado de poemas de Rosalía de Castro. Alumnado de 2º e 4º da ESO e de 1º de BAC , así coma o profesorado de Lingua e Literatura Galega lembraron á escritora lendo poemas das súas máis importantes obras e un relato, este en castelán, do que puido ser o primeiro manifesto feminista.
Rematou o acto coa interpretación de "Adiós ríos, adiós fontes" por parte de Paula Fraga, alumna de 2º de BAC, acompañada pola guitarra e o teclano que tan armoniosamente tocaron Iris e Henar, tamén de 2º de BAC.
Para ver o vídeo premede nos links do noso canal de Youtube @iesalfredobranas1125

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 
11 DE FEBREIRO
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Este 11 de febreiro, domingo de Entroido, o Concello de Carballo, a través das concellerías de innovación e igualdade celebrou no "andar alto" do Mercado Municipal de Carballo a "I Feira do día da Muller e a Nena na ciencia", e o Ies Alfredo Branhas estivo presente colaborando nos experimentos científicos cun grupo de alumnas da ESO e de BAC, guiadas pola profesora de Química, Isabel Regueiro, onde fixeron unha serie de experimentos demostrando que NON SE DISFRAZAN de científicas, SENON que SON CIENTÍFICAS e están dando os pasos para formar parte na historia da ciencia.
As alumnas que participaron foron Laura Varela Cambón, Shana Añón Lías, Valeria Rodríguez Colferai, Carla Padín Regueira, Lucía García Vilariño, Andrea Goimil Liñares, Alba Bértoa Lema e Claudia Pallas Marrozos.
Como sabedes o noso centro destaca, entre outras, por organizar a chamada "Feira das Ciencias" que este ano celebrarase a XVII edición nos días 28 e 29 de Febreiro. O que fan estas rapazas é mostrar e demostrar que a ciencia ten voz de muller.
Deixo aquí unhas fotos que me enviaron máis non sei quen as tirou, por eso desculpade que non poña autora/autor da mesma.
Este é o artigo da La Voz de Galicia. Edición Carballo onde, entre outras, aparece a nosa profe Isabel Regueiro e o nome das alumnas participantes.
 
Na nosa páxina do facebook e instagram podedes ver as fotos que se tomaron ese día

EXCURSIÓN Á NEVE 2024

JACA, XANEIRO DE 2024
 
 
Dende o Dpto. de Educación Física organizouse do 21 ao 26 de xaneiro a excursión á neve, como cada ano, para o alumnado de 3º ESO e 1º de BAC. Un total de 49 alumnos/alumnas e catro profesores/profesoras tiveron a oportunidade de desfrutar de esta actividade aprendendo ou perfeccionando as técnicas do esquí e variantes.
 
Chegaron sans salvo algún esguince sen maior complicación.
 
 
Por se vos interesa ver como así de ben esquía o noso alumnado de 3º da ESO e de 1º de BACH, e non só o alumnado, tamén o profesorado, mirade a Maria Martinez Varela que control de cámara.... queda aquí o seguinte enlace do noso facebook, tamén tedes o vídeo no canal de instagram do centro.
 
 
 

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE

DESFRUTA COAS FROITAS E OS LÁCTEOS

 

O noso centro foi seleccionado para participar no reparto de froita e leite subvencionado polo FOGGA.

O primeiro período comenzará o próximo luns, 15 de xaneiro.

O reparto farase nos recreos da ESO e de BACH

Se tes interese en ver o resultado da campaña accede á conta do noso facebook

https://www.facebook.com/100069706337587/videos/3751311301764106/

 

SORTEO EXTRAORDINARIO LOTERÍA DE NADAL

SORTEO EXTRAORDINARIO DA LOTERÍA DE NADAL DO 22 DE DECEMBRO DE 2023

O número 33.198 ten a devolución de 2,50€

Comunícase por este medio de que as participacións da lotería de Nadal que vendeu o alumnado de 4º da ESO coa fin de recaudar fondos para subencionar a excursión de fin de curso a Andalucía foi gratificada coa devolución de 2,50€.

Aquelas personas interesadas en cobrar a súa respectiva cantidade segundo as participacións adquiridas poden achegarse con ditas participacións polo centro educativo en horario de 9.00 a 14.00 horas. Teñen de prazo ata o 22 de Marzo, segundo a normativa vixente para o cobro de premios de Loterías do Estado.

As participacións que non se devolvan quedará na bolsa a repartir entre o alumnado que vendeu as participacións.

 

CONFERENCIA SOBRE CIBERSEGURIDADE

A SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS DOS NOSOS FILLOS E FILLAS

O próximo martes, 28 de Novembro as 18.00 horas terá lugar no Salón de Actos do noso IES unha conferencia sobre "CIBERSEGURIDADE" onde un experto no tema da Guardia Civil explicará todo aquelo que ten que ver cos perigos das Redes Sociais en Internet e todo ese mundo virtual e como podemos protexer aos nosos e nosas menores. Xa vén facendo unha serie de charlas co alumnado durante o mes de outubro e novembro. Consideramos que é unha actividade que non debe deixarse pasar pois é un tema que nos preocupa como nais, pais, profesorado e sociedade en xeral.

Contamos coa súa asistencia

 

Distribuir contido