Novas
FORMACIÓN CFR-CORUÑA
Enviado por iesab08 o Dom, 2023-11-12 21:53"CEREBRO E PANTALLAS" FORMACIÓN PRESENCIAL
ACTIVIDADE PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: FAMILIAS, ALUMNADO, PROFESORADO.
CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA
PLAN DIXITAL DO CURSO 2023-2024
Enviado por iesab08 o Ven, 2023-11-03 11:04Reunido o Consello Escolar, en sesión extraordinaria, ás 11:00 horas do día 26 de outubro, xoves, aproba o "Plan Dixital para curso 2023-2024. Dito plan dixital está recollido na páxina de "educalidade".
Para acceder ao mesmo débese chequear na entrada que pon "plan dos centros" que se atopa nunha columna na marxe esquerda, (de non ver esto chequéase nos tres puntos verticais que hai na man esquerda e debe despregarse o menú) Unha vez accedido a "plan dos centros", en "convocatoria": ano académico 2023/2024; "plan": plan dixital; "centros": escribir ies alfredo brañas, picar nel e finalmente hai unha pestaña laranxa debaixo de "convocatoria" que pon "buscar" unha vez debe aparecer todo e a maiores unha pestana cunha lupa debaixo de "opcións".
PRESENTACIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024
Enviado por iesab08 o Sáb, 2023-09-16 13:42O 11 de setembro fixemos a presentación do alumnado da ESO, BACH e CSCI por niveis no patio cuberto. O Xefe de estudos deu unhas breves normas que foron desenvolvidas polas titoras e titores nas aulas e o director en funcions foi chamando ao alumnado por niveis e aulas-grupo presentando ao seu titor titora.
Desexamos un curso proveitoso.
BENVIDAS E BENVIDOS
COMENZO CURSO 2023-2024
Enviado por iesab08 o Ven, 2023-09-01 14:02HORARIO LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2023
Estes son os horarios para a presentación do curso coa presenza do alumnado:
TODO O ALUMNADO DA ESO deberá presentarse ás 8.30 da mañá pola entrada do parque do Chorís e quedará nas pistas ata que se lles indique que aula e titor/titora terán no presente curso.
TODO O ALUMNADO DE BACHARELATO E DO CICLO SUPERIOR DE COMERCIO INTERNACIONAL terá a presentación do novo curso ás 12.45 horas. Entrará pola porta que dá acceso ao ximnasio 1 e esperará nas pistas para comunicarlle a súa aula así como o titor/titora do presente curso.
BENVIDOS E BENVIDAS