TEATRO

REPRESENTACIÓN TEATRAL

GRUPO DE TEATRO DO IES ALFREDO BRAÑAS

Este próximo xoves, 13 de xuño, e o próximo mércores, 19 de xuño, o grupo do teatro do IES Alfredo Brañas vai representar dúas obras. A do xoves 13 leva por titulo: "Quen quere ser princesa?", obra que van representar ao alumnado dos centros adscritos que van vir para o curso que vén a estudar ao noso centro. A obra do mércores 19, representarana ao alumnado do centro e leva por título "E ti quen és?" O noso IES aposta como parte da formación do alumnado a realización de actividades extraescolares sendo unha delas e de máxima relevancia o grupo de teatro que un ano máis  baixo a dirección de Javier Fraga e Mónica Liñares levan adiante obras de grande calidade despois de todo un curso ensaiando os martes de 14.30 a 16.00 horas. Parabéns