SOLICITUDE CICLOS FP

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para ciclos de FP de grao medio ou superior para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

Para realizar a solicitude débese ir a www.edu.xunta.gal/ciclosadmision. Só estará dispoñible a partir do día 24 de xuño,  durante o prazo de presentación de solicitudes.

1. ENTRA EN: www.edu.xunta.gal/ciclosadmision

2. REXÍSTRATE (mediante unha das dúas opcións)

- Alta de solicitude sen certificado dixital e sen usuario

Para realizar a solicitude débese ir a www.edu.xunta.gal/ciclosadmision e premer sobre “Alta solicitude web”. Neste caso, solicitaráselle o DNI ou documento oficial de identificación (DOI) e un enderezo electrónico. Realizarase a solicitude seguindo as instrucións do sistema.

- Alta de solicitude con certificado dixital ou conta “edu.xunta.gal”

No caso das solicitudes para menores de 18 anos mostrarase un despregable para escoller se quere crear a solicitude como solicitante ou como pai/nai/titor. Tamén se dispón da opción “Confirmación de solicitude de fillos menores de idade” no caso de que a solicitude fose realizada polo outro pai/nai/titor. Despois pasarase a unha ventá de carga de datos persoais.

3. COMPLETAR OS DATOS E AS OPCIÓNS DE CENTRO E CICLOS.

No caso de alumnado con discapacidade ou deportista de alto rendemento/nivel, deberá indicalo.

4. CONFIRMACIÓN DA SOLICITUDE.

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique.

 

VÍDEO DE AXUDA

 MÁIS INFORMACIÓN www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25