Admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Enviado por iesab08 o Xov, 2024-03-07 08:57INFÓRMASE QUE:
Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto.
NÚMERO PREMIADO DO SORTEO DA CESTA DE ENTROIDO
Enviado por iesab08 o Ven, 2024-03-01 13:17NÚMERO PREMIADO
0435
No recreo da ESO de hoxe venres, 1 de marzo, sorteuse a cesta con produtos de entroido. O boleto agraciado ten o número 0435. Parabéns á persoa agraciada e desexamos que desfrute moito de todo o contido en dita cesta.
23 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por iesab08 o Mar, 2024-02-27 13:5923 DE FEBREIRO: LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO
XVII FEIRA DAS CIENCIAS
Enviado por iesab08 o Mér, 2024-02-21 10:02XVII FEIRA DAS CIENCIAS
27 e 28 de FEBREIRO de 2024
Cartaz da feira realizado pola alumna de 2º de BAC E Antía Martínez Fernández
Un curso máis celebraremos no noso IES a Feira das Ciencias onde alumnado e profesorado dos Departamentos de Bioloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxia, Debuxo e Música expoñerán as prácticas que levan preparando ao longo destes dous meses. Como cada edición as prácticas están destinadas a ensinar o traballado realizado entre profesorado e alumnado "voluntario" ao resto de compañeiros e compañeiras de todo o Instituto así como ao resto do profesorado. Contaremos tamén coa visita do alumnado de 4º da ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. O mércores 28, de 16.00 a 18.30, será a xornada de "Portas Abertas" para todas aquelas persoas que queiran achegarse para observar o traballado que se expón nas distintas prácticas.
Esperamos que sean dúas xornadas de verdadeiro coñecemento e desfrute da ciencia, da música e do deseño.
Seredes benvidas e benvidos.
SORTEO CESTA CON PRODUTOS DO ENTROIDO. EXCURSIÓN 4º DA ESO
Enviado por iesab08 o Mér, 2024-02-14 14:05
EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 4º DA ESO
SORTEO CESTA CON PRODUTOS DO ENTROIDO
O alumnado de 4º da ESO sortea unha suculenta e ben cargada "CESTA DO ENTROIDO" que levará a persoa agraciada co número do boleto que algún alumno ou alumna de 4º da ESO lle vendera antes do 1 de marzo que é o día que se realizará o sorteo de maneira pública ás 11.10 da máñan.
Os boletos son a 2€ e o importe de cada un vai integramente para o alumnado de 4º da eso que o está a vender e así poder costear a súa viaxe de final de etapa a Andalucía.
Agradecemos á secretaría do Ies Alfredo Branhas pola xenerosa aportación mercando os produtos de dita cesta que ascende a un prezo aproximado de 300€ e a autoservicio "Casa Francisco" pola súa xenerosa aportación regalando unha botella de viño blanco así como o soporte dos productos (a cesta) e o marabilloso empaquetado.
Se aínda non tedes o voso boleto non dubidedes en mercarllo a algún destes alumnos e alumnas de 4º (dito boleto ten que ter o carimbo do centro educativo).
Estades inda a tempo de buscar a sorte... E de axudar ao alumnado a costearse a súa viaxe de fin de etapa.
O número publicarase nas nosas redes e na páxina web do centro tendo un prazo de dez días para vir recoller a cesta . De non ter aparecido a persoa co boleto premiado volverase sortear.
Moita sorte e bo proveito.
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Enviado por iesab08 o Mér, 2024-02-14 13:23Axudas para formación en lingua estranxeira para bacharelato
Enviado por iesab08 o Lun, 2024-02-12 16:40A Xunta convoca 648 prazas de estadías lingüísticas de verán no estranxeiro para o alumnado de Bacharelato.
>> O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
>> As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
>> O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, a partir do 13 de febreiro de 2024.
EXCURSIÓN Á NEVE 2024
Enviado por iesab08 o Lun, 2024-01-29 12:53PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE
Enviado por iesab08 o Ven, 2024-01-12 14:34DESFRUTA COAS FROITAS E OS LÁCTEOS
O noso centro foi seleccionado para participar no reparto de froita e leite subvencionado polo FOGGA.
O primeiro período comenzará o próximo luns, 15 de xaneiro.
O reparto farase nos recreos da ESO e de BACH
Se tes interese en ver o resultado da campaña accede á conta do noso facebook
https://www.facebook.com/100069706337587/videos/3751311301764106/
SORTEO EXTRAORDINARIO LOTERÍA DE NADAL
Enviado por iesab08 o Mar, 2024-01-09 10:06SORTEO EXTRAORDINARIO DA LOTERÍA DE NADAL DO 22 DE DECEMBRO DE 2023
O número 33.198 ten a devolución de 2,50€
Comunícase por este medio de que as participacións da lotería de Nadal que vendeu o alumnado de 4º da ESO coa fin de recaudar fondos para subencionar a excursión de fin de curso a Andalucía foi gratificada coa devolución de 2,50€.
Aquelas personas interesadas en cobrar a súa respectiva cantidade segundo as participacións adquiridas poden achegarse con ditas participacións polo centro educativo en horario de 9.00 a 14.00 horas. Teñen de prazo ata o 22 de Marzo, segundo a normativa vixente para o cobro de premios de Loterías do Estado.
As participacións que non se devolvan quedará na bolsa a repartir entre o alumnado que vendeu as participacións.