Axudas para formación en lingua estranxeira para bacharelato
Enviado por iesab08 o Lun, 2024-02-12 17:40
A Xunta convoca 648 prazas de estadías lingüísticas de verán no estranxeiro para o alumnado de Bacharelato.
>> O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
>> As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
>> O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, a partir do 13 de febreiro de 2024.
»