Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Cursos de informática

Cursos de informática presenciais

1.- Información xeral

2.- Coñecementos que se pretenden acadar

3.- Matrícula

4.- Destinatarios dos cursos

5.- Horario dos cursos

 

1.- Información xeral:

As clases comenzarán a mediados de setembro e rematarán a mediados de xuño. As clases consistirán nunha sesión de hora e media á semana.

Realizarase unha avaliación inicial para detectar os coñecementos informáticos previos do alumnado para que así se poidan incorporar aos distintos niveis que se organicen no curso.

[subir]

2.- Coñecementos que se pretenden acadar:

  • Coñecemento básico dun equipo informático.
  • Descrición do entorno de traballo. Configuración e personalización.
  • Opcións de accesibilidade. 
  • Organización da información: traballo con arquivos e carpetas (crear, renomear, mover, copiar, suprimir...)
  • Uso do explorador de arquivos.
  • Descarga e instalación básica de software.
  • Coñecemento de navegadores web.
  • Configuración e personalización de Chrome.
  • Traballo con marcadores en Google Chrome.
  • Uso do buscador google: trucos de búsqueda e ferramentas avanzadas.
  • Coñecer e xestionar os datos que Google almacena sobre nós.
  • Utilización ferramenta de catalogación de enlaces: symbaloo.
  • Uso de whatsapp web e da aplicación no móbil.
  • Creación de arquivos pdf e modificación básica con ferramentas on line. 
  • Escaneado de documentos con apps móbil. Envío de documentos. 
  • Lectura e creación de códigos QR.
  • Creación dunha conta de Gmail. Manexo e configuración básica.
  • Realización dunha videoconferencia a través de google Meet.
  • Uso de aplicacións de google: Calendar, Youtube, Keep, Maps, Lens, Tradutor... 
  • Uso e configuración de Buscar dispositivo.
  • Utilización de Google Street View e Earth.
  • Xestión de contactos en google e uso no móbil.
  • Conexión móbil ao ordenador. Visualización carpetas.
  • Uso de Google Fotos.
  • Google Drive: uso das copias de seguridade, espazo dispoñible, compartir arquivos...
  • Uso básico das RRSS. Consideracións sobre privacidade e seguridade.
  • Tramites on line. Sistemas de autenticación persoais: Certificado e dni electrónico, clave pin e chave 365. Solicitude e configuración.
  • Utilización do procesador de textos: escribir textos, formateado básico de fonte, parágrafo e páxina, tabulacións, viñetas, táboas, inserción imaxes, wordart, autoformas, texto en columnas, corretor gramatical...
  • Edición básica de fotografías.
  • Manexo básico da folla de cálculo: cálculos básicos,elaboración de presupostos, gráficas...

[subir]

3.- Matrícula:

Consultar o apartado Secretaría Matrícula desta páxina para ober máis información sobre os prazos de matrícula e documentos a presentar para matricularse nestes cursos.

[subir]

4.- Destinatarios dos cursos:

Os cursos están dirixidos a persoas:

  • Cun nivel cero en informática, que se incorporarán ao nivel básico.
  • Con certo nivel adquirido do curso anterior ou que xa posúan certos coñecementos básicos, que se incorporarán ao nivel avanzado. 

[subir]

5.- Horario dos cursos:

Consultar o apartado Alumnado Horarios.

[subir]

Distribuir contido


by Dr. Radut